Zamáns, Vigo
Zamáns | |
---|---|
![]() Casa Muíño das Maquías | |
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°09′10″N 8°41′36″O / 42.152777777778, -8.6933333333333Coordenadas: 42°09′10″N 8°41′36″O / 42.152777777778, -8.6933333333333 |
Poboación | 860 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Mamede de Zamáns é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Bembrive, Valadares, Vincios e Cela. Pertence ó arciprestado de Louriña. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 860 habitantes (420 homes e 440 mulleres).
Xentilicio[editar | editar a fonte]
O seu xentilicio é zamanexo[3].
Xeografía[editar | editar a fonte]
Ten 4 entidades de poboación, segundo o: Cidáns (176), A Igrexa (200), Marcosende (339) e Vilaverde (145).[2] Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Casal de Abade, As Lagoas, A Menda, Paredes e Vilariño.
Atópase asentada entre a Serra do Galiñeiro e a Serra da Groba. Nela atopamos os ríos Zamáns e o Amial, que se apresou, dando á presa de Zamáns que abastece a cidade de Vigo.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
A igrexa parroquial data do 1770. Xunto ós hórreos, sobresaen as construcións relacionadas coa auga: fontes, lavadoiros e muíños, destacando a casa-muíño de Maquías.
A parroquia acolle o campus das Lagoas-Marcosende, coñecido coma CUVI (Centro Universitario de Vigo), no que se localiza o Proxecto da Cidade Universitaria para a Universidade de Vigo do arquitecto catalán Enric Miralles.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Zamáns, Vigo.
Esculturas de Leopoldo Nóvoa no campus de Lagoas-Marcosende.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Zamáns[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Zamáns no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Casal de Abade | Cidáns | A Igrexa | As Lagoas | Marcosende | A Menda | Paredes | Vilariño | Vilaverde |
Parroquias de Vigo[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ 2,0 2,1 IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 28. Consultado o 22 de xullo de 2021.