Edificio Banca Viñas-Aranda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edificio Banca Viñas-Aranda
Banca Viñas Aranda, Antonio Palacios, 1941.jpg
Edificio
Nome inicial Banca Viñas-Aranda
Tipo edificio comercial (banca) e de vivendas
Estilo ecléctico-clasicista
Localización Rúa da Reconquista 9, Vigo, Galicia, España
Remate 1941
Equipo
Arquitecto(s) Antonio Palacios

O Edificio Banca Viñas-Aranda é un inmoble senlleiro que se atopa no cruzamento das rúas Reconquista e Marqués de Valladares, no centro da cidade de Vigo. Foi proxectado polo arquitecto porriñés Antonio Palacios en 1941. O edificio contruiuse para ser sede da antiga antiga Banca Viñas-Aranda; hoxe é sede do Banco Popular.

O edificio ten un estilo clasicista que se achega á escola de Chicago de finais do século XIX e é un exemplo seriodio da arquitectura comercial das obras realizadas por Palacios en Madrid a principios do século XX. Está contruído en cantaría de granito galego; ten soto, planta terrea, entresollado, catro andares, un máis diferenciado. Aproveita o chafrán que se forma entre as dúas rúas para situar a porta principal do banco; este chafrán ten un gran van con dúas pilastras lisas, no alto da cornixa do chafrán o edificio ten un corpo a xeito de torre de tres andares que achega monumentalidade. Ten un gran corpo basamental con pilastras e arcos almofadados no entresollado e a planta terrea. Os catro andares seguintes caracterízanse polas fiestras tipo oriel window, tipicamente inglesas, e as grandes columnas recubertas de cerámica que enriquece o edificio plasticamente. O último andar diferenciado funciona coma un falso entaboamento cunha disposición clásica de tríglifos no friso e fiestras con métopas[1].

O inmoble foi construído pola casa Pérez Conde. As oficinas sa banca abriron o 27 de maio de 1944. É de salientar, ademais, que nesta vivenda morou desterrado o poeta, tradutor e xornalista Plácido Castro[2].

A banca Viñas-Aranda[editar | editar a fonte]

O 27 de decembro de 1918 constituíuse en Vigo a Banca Viñas Aranda, fundada polo corredor de comercio Francisco Andrés Viñas Blanco (nado en Noia o 28 de novembro de 1878), o avogado Salvador Aranda Tapias e o comerciante Antonio Malvido Sanmartín. A Banca era unha sociedade comanditaria por accións, cun capital de 120 000 pesetas (100 000 en capital comanditario e 20 000 en capital colectivo).

A Banca Viñas (nome co que era coñecida) transformouse en sociedade anónima o 20 de outubro de 1920, establecendo o seu domicilio no número 23 da rúa Colón de Vigo. O 10 de novembro de 1930 inaugurouse unha nova sede social, nun edificio deseñado por Antonio Cominges Tapias na esquina da rúa Colón con Marqués de Valladares. En 1944 a sede trasladouse finalmente ao edificio que tratamos deseñado por Palacios.

A pesar da situación de crecemento económico, na década de 1950 tiveron lugar numerosos impagados e atrasos na cancelación de créditos. Ademais, a Banca Viñas Aranda apenas tiña recursos propios, polo que tivo que ser intervida durante dous anos polo Banco de España.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]