Casa Torre de Pazos Figueroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°13′29″N 08°45′15″O / 42.22472, -8.75417

Casa Torre de Pazos Figueroa.

A Casa Torre de Pazos Figueroa é un edificio histórico, parte dun conxunto arquitectónico situado en Vigo, na Praza de Almeida, 2 e 4.

Historia[editar | editar a fonte]

Construída no século XVI como pazo urbano, seguramente por algunha casa nobiliaria residente no pequeno Vigo de entón, foi declarada Monumento Histórico-Artístico en 1946 e restaurada recentemente para acoller ao Instituto Camões.

Construción e estilo[editar | editar a fonte]

Forma parte dun conxunto de dous edificios dos séculos XV e XVI, o máis antigo conservado en Vigo. Este conxunto ten dúas partes, unha primeira consta dun torreón en estilo gótico tardío, chamada Casa Torre de Ceta e Arines e unha casa de estilo plateresco, casa Torre de Pazos Figueroa.

A casa recibe no lintel e xambas do van central da terceira planta decoración plateresca, con dous escudos renacentistas a cada lado e unha inscrición no lintel. Na mesma planta destaca un enorme balcón, ricamente decorado, e na inferior uns arcos conopiais, tamén decorados con motivos platerescos e con clara influencia portuguesa na súa decoración mixilínea.[1] Na cornixa, por último, destaca a presenza de gárgolas para desaugadoiro da auga de choiva.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Detalle do balcón decorado, co van do terceiro piso e escudos nobiliarios 
Detalle da decoración plateresca dos vans no segundo piso. 
Lateral da casa dende o Sur, cun balcón corrido seguramente engadido a posteriori. 
Conxunto da Casa Camões, coas Casas de Pazos Figueroa e de Ceta e Arines lindeiras. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Garrido Rodríguez, Jaime, 2000: A arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcións Castro, p. 145.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]