Castrelos, Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castrelos
Santa María de Castrelos, Vigo.JPG
Situación Castrelos, Vigo.PNG
Concello Vigo
Poboación 8.006 hab. (2013)
Entidades de poboación 15

Santa María de Castrelos é unha parroquia do concello de Vigo. Ten 15 entidades de poboación, 11 lugares e 8.006 veciñas e veciños (2013).

Poboación[editar | editar a fonte]

As súas entidades de poboación son as seguintes: Castreliños (125), A Chantada (220), A Costa (205), A Falcoa (539), A Galindra (150), Macal (295), Pardarilla (200), Pazó (506), Pereiró (4.388), Portoloureiro (257), Pousa (105), Pousa de Abaixo (124), Ribadavia (155), A Telleira (249) e Viloura (331).

Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Alvite, Campiño, A Canivouva, O Cocho, Eixón, A Igrexa, Monte da Serra, Nogueira de Abaixo, Pasales, Seixo e Xiña.

Situación[editar | editar a fonte]

Limita coas parroquias de Beade, Coia, Freixeiro, Matamá e Sárdoma e pertence ó arciprestado de Vigo-San Andrés.

Historia[editar | editar a fonte]

Ten a súa orixe na propiedade particular do marqués de Valadares que adquiriu as terras para expansión dos seus dominios e dárllelas en arrendamento a colonos. O granito destas terras constituía a súa principal fonte de riqueza, destacando as canteiras de Serra e Porto Loureiro.

O parque urbano máis grande de Vigo (Parque de Castrelos) está nesta parroquia, cunha extensión de 22.000 metros cadrados. Nel atópase o Pazo Quiñones de León (reconvertido en museo) rodeado duns grandes xardíns que limitan co río Lagares. O pazo ten a súa orixe na Torre de Lavandeira, abandonada trala retirada do exército portugués entre os anos 1665 e 1670. O antigo edificio fora tributario da Orde do Temple, converténdose en torre no século XVI.

No parque de Castrelos tamén se atopa un antigo auditorio ó aire libre (que aproveita a pendente natural do terreo) que se utiliza para a celebración de concertos e festivais no verán.

Patrimonio histórico-artístico[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santa María de Castrelos (de estilo románico) foi consagrada no 1216. Destaca a rica ornamentación da súa porta occidental. Na zona consérvanse ademais unha ponte medieval e un cruceiro (Cruceiro da Costa) do século XVII. A casa parroquial é unha torre do século XIII.

A ponte de Castrelos atópase xa mergullada pola cidade. Trátase dunha pontiña medieval que atravesaba o río Lagares. Hoxe atópase entre as rúas de Castrelos e Alcalde Portanet, preto do Parque de Castrelos.

Festas[editar | editar a fonte]

O 2 de febreiro celébrase a romaría da Candelaria e, a derradeira semana de maio, a Festa das Flores, aínda que hoxe por hoxe só se celebra a romaría da Candelaria.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Igrexa en obras. 
Detalle da xanela da igrexa. 
Keane no auditorio do Parque de Castrelos

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Castrelos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Castrelos no concello de Vigo (Pontevedra)

Alvite | Campiño | A Canivouva | Castreliños | A Chantada | O Cocho | A Costa | Eixón | A Falcoa | A Galindra | A Igrexa | Macal | Monte da Serra | Nogueira de Abaixo | Pardarilla | Pasales | Pazó | Pereiró | Portoloureiro | Pousa | Pousa de Abaixo | Ribadavia | Seixo | A Telleira | Viloura | Xiña

Parroquias de Vigo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | San Xoán do Monte (San Xoán) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo Centro | Zamáns (San Mamede)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]