Freixeiro, Vigo
Freixeiro | |
---|---|
![]() Igrexa de San Tomé de Freixeiro. | |
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 6.035 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Tomé de Freixeiro é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Castrelos, Coia, Sárdoma e Vigo Centro e pertence ó arciprestado de Vigo-As Travesas. Ten catro entidades de poboación, cinco lugares e 6.035 veciños (2013).
As súas entidades de poboación son as seguintes: Freixeiro (2.269), Mantelas (1.608), Rioboo (756) e Salgueira (1.295). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Castaño, Cataboi, A Fonte Santa, A Pastora e Pousafoles.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Case na zona das Travesas está o Pazo da Pastora (tamén chamado de Santhomé) construído no século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi propiedade de Pedro Álvarez de Soutomaior. Moi próximo atópase o Museo Liste. O instituto de ensino medio San Tomé de Freixeiro está á beira do Instituto Santa Irene e moi próximo á Piscina Municipal do Carme.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Freixeiro[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Freixeiro no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
O Castaño | Cataboi | A Fonte Santa | A Pastora | Pousafoles | As Travesas |
Parroquias de Vigo[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Sestay Martínez, Iván (2015). Toponimia do Val de Fragoso (PDF). 4: Freixeiro e Sárdoma. Universidade de Vigo; Concello de Vigo. ISBN 978-84-8158-701-2.