Está formado por sete mariñeiros pelados e moi rexos feitos en bronce que puxan dunha rede que sae dun mar representado por un encoro con chafarices a xeito de fonte. O grupo escultórico ten unha lonxitude de 8,50 metros; 2,50 de alto e 3 de largo.[2] A escultura fica nunha plataforma de formigón revestida de granito, e arrodéase do encoro mencionado. Esaxeráronse moito os riscos dos homes para representar a forza e o esforzo da xente do mar cunha gran musculatura.
A súa elaboración comezou no ano 1987, e rematou nunha fundición madrileña en 1990.
Ramón Conde é unha das figuras máis salientábeis da arte galega do século XX, e con esta obra quixo facer unha homenaxe á forza dos traballadores do mar.