Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales
Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | campo de fútbol ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Vigo | |||
Parroquia | Bouzas ![]() | |||
Localización | Vigo, Galicia | |||
Datas | ||||
Fundación | 2001 ![]() | |||
Inauguración | marzo de 2001 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 1.500 | |||
Tipo superficie | Herba artificial | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Concello de Vigo | |||
Ocupante | Rápido de Bouzas ![]() | |||
Deporte | ||||
Localía | Club Rápido de Bouzas | |||
[ Wikidata ] |
O Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales é un estadio de fútbol de propiedade municipal, situado en Bouzas, Vigo. Serve de localía ao Club Rápido de Bouzas. O estadio inaugurouse en marzo de 2001.
O seu terreo de xogo é de céspede artificial. A súa capacidade total rolda os 1.500 espectadores, aínda que só posúe unha bancada con capacidade para 600 persoas. O complexo deportivo conta con catro vestiarios, un local para oficinas, dous aseos para uso público e un equipo de calefacción que garante unha permanente subministración de auga quente, ademais dun peche perimetral de todo o campo. Tamén incorpora un local para servizo de cafetaría.
Leva o nome de Baltasar Pujales, quen foi presidente do Rápido de Bouzas durante máis de 30 anos, e que foi o presidente na data de inauguración do estadio. Anteriormente á construción deste campo de fútbol, o Rápido de Bouzas xogaba no campo de fútbol das Gaivotas, un campo de terra que ocupou a área onde agora se ergue o pavillón polideportivo, anexo ao campo actual.