Saltar ao contido

Darío Xohán Cabana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDarío Xohán Cabana

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Darío Xohán Cabana Yanes Editar o valor en Wikidata
19 de abril de 1952 Editar o valor en Wikidata
Roás, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de novembro de 2021 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Romeán, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, tradutor, funcionario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión do Povo Galego (1968–)
Frente Popular Galega Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticopoesía, narrativa, literatura infantil e xuvenil, tradución, ensaio
Influencias
Pseudónimo literarioDaniel Méndez O'Donell Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAmelia Outeiro Portela Editar o valor en Wikidata
FillosAlexandra (1975)
Martiño (1981) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Diccionario enciclopédico galego universal
Diciopedia do século 21 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX835594 Bitraga: 296 AELG: 297 BUSC: cabana-dario-xohan-1952 Dialnet: 620906 Discogs: 2663733 Editar o valor en Wikidata

Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952 e finado en Romeán (Lugo) o 16 de novembro de 2021,[3] foi un multipremiado escritor galego. Cultivou varios xéneros (poesía, novela, conto e ensaio) e escribiu tanto para adultos como para nenos. Foi ademais un prestixioso tradutor ao galego de grandes clásicos da literatura italiana de Dante e Petrarca. As súas obras superan os corenta volumes. Algún deles, como Galván en Saor (Xerais, 1989), foi un grande éxito de vendas.[4] Foi membro numerario da Real Academia Galega desde o ano 2006.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Roás (escrito á inversa, Saor, daría título a unha das súas novelas máis destacadas),[5] como fillo primoxénito (de cinco irmáns) de labregos partidarios da Fronte Popular (o pai, Ricardo Cabana Ben, e mailo tío foran republicanos e comunistas, e un tío da nai, Damiana Yanes Chao, tenente republicano na defensa de Madrid), criouse na ideoloxía comunista do pai, e desde 1968 militou na esquerda nacionalista, primeiro na Unión do Povo Galego e logo na Frente Popular Galega.[6]

Cursou o bacharelato no Instituto Masculino de Lugo. Alí asistiu a clases de lingua e literatura galegas, impartidas fóra de horario polo profesor Xesús Alonso Montero. Rematado o bacharelato plantou os estudos e botou varios meses traballando en Madrid. De 1971 a 1975 traballou en Vigo con Xosé María Álvarez Blázquez en Edicións Castrelos. Foi entón cando profundou no coñecemento da literatura galega medieval e completou os coñecementos que adquirira con anterioridade sobre a literatura galega moderna. Na súa formación están presentes, ademais, os poetas europeos, principalmente os clásicos.[2] Desa época é a amizade con Xosé Luís Méndez Ferrín, que mantivo toda a vida,[6] e na que houbo moita comunicación literaria e política. En Vigo fixo, no Goberno Militar, en 1974, o servizo militar, onde o obrigaron a facer uns versos de loanza ao xefe de Estado Francisco Franco.[7]

De volta en Lugo traballou como vendedor de libros a domicilio, e de 1978 a 1982 estivo como liberado sindical pola INTG. De 1983 a 1987 traballou en Corcubión como garda municipal, e ao remate dese período regresou a Lugo como funcionario do concello, onde durante un tempo se encargou da vixilancia de edificios culturais municipais[6] e foi coordinador de publicacións. Durante as súas décadas de vida como empregado municipal lugués viviu na parroquia de Romeán.

A proposta de Ramón Lorenzo, Antón Santamarina e Francisco Fernández Rei, o 22 de abril de 2006 ingresou como académico de número da Real Academia Galega, ocupando a cadeira que quedara vacante tralo pasamento de Manuel María.[8] O seu discurso de ingreso De Manuel María a Ferrín: a grande xeración,[9][10] foi respondido por Méndez Ferrín. Na Academia promoveu a candidatura de Xosé María Álvarez Blázquez como figura a homenaxear no Día das Letras Galegas do ano 2008, candidatura que foi proclamada por votación unánime.

Finou na súa casa de Romeán,[11] aos 69 anos de idade, vítima do cancro.[12]

Usou os pseudónimos de Daniel Méndez O´Dónell e Funqueiro.[13]

Nos seus comezos publicou case exclusivamente poesía, e a partir de 1989 pasou a publicar principalmente narrativa. A súa poesía erótica é valorada pola investigadora María Liñeira como unha contestación aos prexuízos androcéntricos.[14]

Colaborou na prensa. Foi corrector do semanario A Nosa Terra e colaborou en Teima, Faro de Vigo, Atlántico Diario, A Trabe de Ouro, La Voz de Galicia, Grial, Dorna, Murguía, Viceversa, Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil e o Boletín da Real Academia Galega.[2][15] Desde decembro de 1987 publicou diariamente un encrucillado en galego nas páxinas de La Voz de Galicia, tarefa que continuou durante 34 anos, ata o seu falecemento.[6] Tamén foi membro do consello de redacción da revista A Trabe de Ouro.

Poemas seus foron musicados e cantados por Amancio Prada, Suso Vaamonde, Fuxan os Ventos, A Quenlla, Dioivo, etc.[16][17]

         "Carballo"

O MUNDO chámase carballo
Podía ser
abedueira, chopo,
capudre, castiñeiro,
sobreira, virgondoiro,
teixo sombrío ou freixo de tríplice raíz.
Pero non,
o mundo chámase carballo
desde que o mundo é mundo
.

Cabalgada na brétema, 2006, Galaxia.[20]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
A taberna da Inés estaba escura e sen xente na parte que para taberna fora prevista, pero oíase un ruxe-ruxe de conversa e víase luz polo cristal esmerilado da porta da cociña adxacente. Anoitecía fóra, e venteaba e chovía fío.

Galván en Saor, 1989, Xerais.

Literatura infantil e xuvenil

[editar | editar a fonte]
No simposio Un galego común, fiel a si mesmo, organizado polo Instituto da Lingua Galega na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.

Tradución

[editar | editar a fonte]

A partir de 1984 dedicouse á tradución de poesía do italiano, respectando a métrica e a rima orixinal.

Entrevistado na rúa en 2007 por Antón Grande, xornalista do Progreso.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Os novísimos da poesía galega (Akal, 1973).
  • I Festival de Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1981).
  • II Festival da Poesía do Condado (S. C. D. Condado, 1982).
  • III Festival da Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1983).
  • O quiquiriquí e outras narracións (Ediciós do Castro, 1983).[g]
  • IV Festival da Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1984).
  • Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco).
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (Concello de Lugo, 1986).
  • VI Festival da Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1986).
  • VII Festival da Poesia no Condado (S. C. D. Condado, 1987).
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (S. C. D. Condado, 1988).
  • Sede central. 1 (Clube Cultural Adiante, 1988).
  • X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (S. C. D. Condado, 1990).
  • XI Festival da Poesia no Condado (S. C. D. Condado, 1991).
  • Contos da xustiza (Ir Indo, 1991).
  • XIII Festival da Poesia no Condado (S. C. D. Condado, 1993).
  • Aí está o conto (Xunta de Galicia, 1993).
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (Ediciós do Castro, 1995).
  • O Mundo de Fiz: Escolma da poesía de Fiz Vergara Vilariño, (Citania de Publicacións, 1995).[h]
  • Relato contemporáneo (Xerais, 1995).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (Xerais, 1996).
  • Guía da provincia de Lugo (Caixavigo, 1998).[i]
  • Monterroso na Ulloa (Concello de Monterroso, 2001).[i]
En 2014 no Museo Provincial de Lugo, diante dunha escultura de Asorey.
  • A poesía é o gran milagre do mundo (PEN Clube de Galicia, 2001).
  • Poetas e narradores nas súas voces (Vol. I) (Consello da Cultura Galega, 2001).[51]
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003).
  • Narradio. 56 historias no ar (Xerais, 2003).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior, 2003).
  • Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata (Difusora, 2003).
  • 23 poetas cantan a don Antonio Machado (Hipocampo, 2004).
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (Espiral Maior, 2006).
  • De Manuel María a Ferrín: a grande xeración (Real Academia Galega, 2006). Con Xosé Luís Méndez Ferrín.
  • Poemas pola memoria (1936-2006) (Xunta de Galicia, 2006).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006).
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (Espiral Maior, 2008).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (Difusora, 2009).
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (Toxosoutos, 2010).[j]
  • Tamén navegar (Toxosoutos, 2011).
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011).[52]
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012) (Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, 2012).
  • Dez anos de poesía nas Pontes (Galebook, 2013).
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (Toxosoutos, 2013).
  • 1975-2015 Moncho Reboiras Vive! (Arredista Edicións, 2015).
  • Arredor das Irmandades da Fala (Xerais, 2016).

Recoñecementos (selección)

[editar | editar a fonte]

Á parte os de certames por poemas, contos ou artigos illados, uns cincuenta, recibiu os seguintes premios:[16]

Texto de Romanceiro da Terra Cha (Ed. Castrelos, 1973) nunha xardineira en Vilalba.
  • Premio de poesía da Terra Chá en 1972, por Romanceiro da Terra Chá
  • Premio de Poesía Cidade de Ourense en 1982, por A fraga amurallada.
  • Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago no 1983, por Patria do mar.[8]
  • Premio de Poesía Cidade de Ourense en 1986, por VIII fragmentos.
  • Premio Celso Emilio Ferreiro no 1986, por Amor e tempo liso.[8]
  • Convocatoria especial do Centenario de Otero Pedrayo en 1988, premio ex-aequo á tradución d’A Divina Comedia.
  • Premio Xerais de novela en 1989, por Galván en Saor.[8]
  • Medalla de ouro do concello de Florencia (Italia) en 1991, pola súa tradución do Cancioneiro e a Divina comedia.[8]
  • Premio Cidade de Lugo en 1992, por Vidas senlleiras.[26]
  • Premio O Barco de Vapor en 1993, por O castrón de ouro.[8]
  • Premio de poesía Martín Codax en 1994, por Canta de cerca a morte.
  • Premio Xerais de novela en 1994, por O cervo na torre.[8]
  • Premio Ramón Cabanillas de Tradución en 1994, por Vida nova de Dante.
  • Premio Letras de Bretaña en 2005.
  • Foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés en 2010.
  • Premio AELG de Tradución no 2012, por Cancioneiro, seguido das Rimas dispersas, de Petrarca.
  • Premio Lois Tobío ao Libro Traducido de 2014, por As floriñas de San Francisco.
  • Premio AELG de Tradución no 2014, por A Divina Comedia.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O 12 de agosto de 1973 coñeceu na Estación Marítima de Vigo a Amelia Outeiro Portela, de Bueu. Casou con ela 10 de febreiro de 1974,[53] os padriños foron Manuel María e a súa muller, Saleta Goi. Tiveron unha filla e un fillo, Alexandra (10/4/1975) e Martiño (25/2/1981).

  1. Publicado en Xenebra e asinado co pseudónimo de Daniel Méndez O'Donell, consta de catro poemas: "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao", "Alexandre Bóveda", "Roi Xordo" e "Daniel Niebla e Amador Rei".
  2. Recolle todos os libros de poesía que publicara ata a data.
  3. Incluído, co número 73, na Biblioteca Galega 120.
  4. Finalista do Premio Blanco Amor.
  5. Inclúe: "A illa", "Cerco de ferro", "Martiño en Lumbredón", "Anos de aprendizaxe", "O rescate", "A prisión", "A ruína", "Retorno a Saor" e "O caldeiro". Nove textos, dos que unicamente cinco eran inéditos.
  6. Finalista do Premio Merlín.
  7. Inclúe: "O quiquiriquí", de Miguel Suárez Abel; "De 10 a 11", de Xelís de Toro; "A invasión", de Darío Xohán Cabana, e "Rematado a man", de Margarita Ledo.
  8. Coeditor con Xavier Rodríguez Barrio.
  9. 9,0 9,1 Asinado xunta á súa filla Alexandra Cabana Outeiro.
  10. Inclúe textos de Marilar Aleixandre, Xesús Alonso Montero, Anxo Angueira, Xurxo Borrazás, Lino Braxe, Darío Xohán Cabana, Ramón Caride, Francisco Castro Veloso, Xabier Cordal, Antón Cortizas, Marta Dacosta, Lois Diéguez, Afonso Eiré, Eduardo Estévez, Francisco Xosé Fernández Naval, Bieito Iglesias, Lourdes Maceiras, Alberte Momán, Xosé Neira Vilas, Olga Novo, Chus Pato, Mercedes Queixas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xulio López Valcárcel e Xosé Vázquez Pintor
Referencias
  1. Praza das letras Consellería de Cultura e Turismo.
  2. 2,0 2,1 2,2 Ríos Panisse 2005.
  3. "Falece Darío Xohán Cabana". Nós Diario. 17/112021. Consultado o 17/11/2021. 
  4. Salas 2010, p. 333.
  5. Vilavedra 2000, p. 229.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Fraga, Xesús (17/11/2021). "Falece aos 69 anos Darío Xohán Cabana". La Voz de Galicia. Consultado o 17/11/2021. 
  7. Alonso Montero, Xesús (1997). Os poetas galegos e Franco. Akal. p. 68-69. ISBN 84-460-0839-4. .
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 "A RAG lamenta o pasamento do académico Darío Xohán Cabana" (17/11/2021).
  9. De Manuel María a Ferrín: a grande xeración
  10. Salgado, Daniel (17 de novembro de 2021). "Muere Darío Xohán Cabana, traductor de la 'Divina Comedia' al gallego y escritor". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2021. 
  11. Jaureguizar, Santiago (18/11/2021). "Adeus a Darío Xohán Cabana, o escritor das raíces fondas". El Progreso de Lugo. Consultado o 18/11/2021. 
  12. Mato, Mar (18/11/2021) "O mundo literario e galeguista despide ao académico e escritor Darío Xohán Cabana" Faro de Vigo (en castelán).
  13. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 2021-11-27. 
  14. González, Montse (24/5/2012). "A pexa do sexismo". Luces. El País. Arquivado dende o orixinal o 17/11/2021. Consultado o 19/1/2018. 
  15. Darío Xoán Cabana en Dialnet.
  16. 16,0 16,1 Calvo e Rodríguez Yáñez (2013). "Biobibliografía esencial de Darío Xohán Cabana" (actualizada por X. Cuba).
  17. Redacción (2023-07-10). "Dioivo homenaxea a Darío Xohán Cabana co videoclip «Que importa que nos craven as cadeas»". Rouco Son. Consultado o 2023-07-11. 
  18. 2ª edición, de 1984, da Editorial Galaxia en Google Books.
  19. Armandorequeixo (2013-03-20). "Parlamento das Letras: Darío Xohán Cabana". Criticalia. Consultado o 2022-06-04. 
  20. 20,0 20,1 Cabalgada na brétema en Google Books.
  21. Vilavedra 2000, p. 78.
  22. Galván en Saor Arquivado 19 de novembro de 2021 en Wayback Machine. no sitio web de Xerais.
  23. "Galván en Saor". Biblioteca da Tradución Galega. 
  24. Fortunato de Trasmundi no sitio web de Xerais.
  25. Cándido Branco e o Cabaleiro Negro no sitio web de Xerais.
  26. 26,0 26,1 Vidas senlleiras no sitio web de Xerais.
  27. Texto de Cerco de ferro na Biblioteca Virtual Galega.
  28. O cervo na torre no sitio web de Xerais.
  29. Ficha de Morte de rei en Dialnet.
  30. Mitos e memorias en LG3. CCG.
  31. As aventuras de Breogán Folgueira Arquivado 20 de novembro de 2021 en Wayback Machine. no sitio web de Xerais.
  32. As viaxes do Príncipe Azul no sitio web de Galaxia.
  33. "Els viatges del Príncep Blau". Biblioteca da Tradución Galega. Consultado o 15/7/2019. 
  34. Ficha de O milagre das estrelas en Dialnet.
  35. Traducida ao castelán: "El milagro de las estrellas: aventuras del mago Antón en el Camino de Santiago". Biblioteca da Tradución Galega. Consultado o 15/7/2019. 
  36. O castrón de ouro no sitio web de Galaxia.
  37. Ficha de Chucho Cacho en Dialnet.
  38. "Inés y la perrita sabia". Biblioteca da Tradución Galega. Consultado o 15/7/2019. 
  39. Dende o Himalaia a Ceilán no sitio web de Galaxia.
  40. A chegada a Lugo do primeiro tren en LG3. CCG.
  41. Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra en LG3. CCG.
  42. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-27. 
  43. Cancioneiro no blog de Edicións da Curuxa.
  44. A divina comedia no blog de Edicións da Curuxa.
  45. Os tres mosqueteiros na Biblioteca da Tradución Galega.
  46. Antoloxía do Doce Estilo Novo no sitio web de Galaxia.
  47. Os trobadores de Occitania no blog de Edicións da Curuxa.
  48. As floriñas de San Francisco Arquivado 21 de novembro de 2021 en Wayback Machine. no sitio web de Alvarellos Editora.
  49. Xácome o fatalista no sitio web de Galaxia.
  50. "Claudine na escola". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-10-24. 
  51. Poetas e narradores nas súas voces (Vol. I) no sitio web do CCG.
  52. Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís.
  53. Ledo, Margarita. "Twitter de Margarita Ledo". Twitter. Consultado o 18/11/2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Vídeos externos
Vídeos do escritor no sitio web da AELG.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]