Eduardo Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Estévez
Eduardo Estévez (AELG)-2.jpg
Datos persoais
Nacemento 28 de novembro de 1969 (47 anos)
Lugar Buenos Aires, Flag of Argentina.svg Arxentina
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Poesía

Eduardo Ezequiel Nicolano Estévez, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 28 de novembro de 1969, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Buenos Aires onde residiu até 1990. Á idade de 16 anos comezou a frecuentar o obradoiro literario do xornalista e escritor Daniel Arias. En 1990 publicou o seu primeiro libro de poemas. Ese mesmo ano trasladouse a Caracas, Venezuela.

Participou do obradoiro literario do Centro de Estudios Latinoamericanos Rómulo Gallegos, coordinado polo poeta Harry Almela. En 1994 veu a luz o seu segundo título, froito do seu primeiro encontro coa poesía galega.

En 1995 instálase na comarca compostelá. Comeza a frecuentar actos literarios e traba relación con varios poetas das novas fornadas (Rafa e Miro Villar, Marta Dacosta, Yolanda Castaño, Estevo Creus, Celso Fernández Sanmartín e Paco Souto, entre outros).

Comeza a súa produción en galego que ve luz por vez primeira en 1998. Dende entón a súa obra obtén varios premios e os seus textos aparecen incluídos en diversos volumes colectivos e publicacións periódicas.

Entre outubro de 2008 e maio de 2009 publica a columna poética "esca e pedra" dentro da páxina web culturagalega.org.

Participa da fundación de Letras de Cal, editora cooperativa da que será activo membro ata a súa desaparición en 2001. Funda -con Estevo Creus e Rafa Villar- Retagarda Edicións, efémero proxecto de edicións dixitais (2000).

Entre 1996 e 1999 coordinou diversos obradoiros literarios en centros de ensino de Vilanova de Arousa (IES A Basella), Betanzos (IES Francisco Aguiar), Santiago de Compostela (IES As Fontiñas) e Ourense (IES Otero Pedrayo e IES O Couto). Impartiu, asemade, entre outras accións de formación do profesorado, obradoiros literarios para este colectivo dentro das Xornadas de Ensino da CIG en Compostela (2002), do programa de formación do profesorado no Centro de Formación de Recursos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia en Tui (2006) e Ferrol (2011), xornadas de formación do profesorado da Coruña sobre o uso do blog nas aulas (2007), nos Encontros Pedagóxicos de Ferrolterra (AS-PG): internet como espazo de relacións sociais (2009), e un curso de formación do profesorado da FORGA na Coruña sobre as redes sociais como ferramenta pedagóxica.

Entre 2005 e 2007 coordinou un obradoiro literario na Biblioteca Municipal das Pontes e entre 2000 e 2011 outro na Biblioteca Municipal de Fene.

Colaborou en diversas publicacións periódicas (O Correo Galego, A Nosa Terra, Faro de Vigo) e foi responsábel dos blogs "o ollo da vaca", "en construción" e "mirar para este lado".

Algúns poemas seus foron traducidos ao inglés, italiano ou castelán en diferentes publicacións dixitais ou en papel.

Entre 2006 e 2010 residiu na Coruña.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Blog literarios[editar | editar a fonte]

  • "esca e pedra" en culturagalega.org (2008-2009)
  • "de baleas" (2014)

Obra traducida[editar | editar a fonte]

  • "three poems" (tres poemas de construcións), "3:AM Magazine". Trad.: Steve Porter [1]
  • "subprime lending" (un poema da serie "esca e pedra"), no blog de Jonathan Dunne. Trad.: Steve Porter [2]
  • "lei raccontò la propria storia / alla radio", un poema de construcións en "bibliomanie.it". Trad.: Roberto Righi [3]
  • tres poemas en español en Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía gallega contemporánea. Madrid, Ediciones Endymion (ed. Antonino Nieto Rodríguez). Trad. Eduardo Estévez

Tradución[editar | editar a fonte]

  • Ellis Island, de Georges Perec (Franouren Edicións, 2011).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]