Androcentrismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Despois de que na Europa medieval se considerase a Deus como o centro do mundo, dende o Renacemento o centro foi o home, e esta idea non incluía as mulleres.

androcentrismo é o punto de vista, segundo o cal o home varón é o centro e a medida do mundo.[1] Está relacionado co universalismo masculino. Enmarca as capacidades do ser masculino como motor individual e universal do devir da humanidade. Por iso, coida o momento ou configuración da mente masculina clásica como referente universal en oposición ó inmóbil, ó inmutable e ó estático. O androcentrismo silencia e invisibiliza o pensamento, a experiencia e as representacións feitas polas mulleres. A muller existe soamente en relación con algún home ou como un obxecto para eles. Un exemplo de visión androcéntrica do mundo é a síndrome de Pitufina.

O termo comezou a ser empregado no debate científico por Charlotte Perkins Gilman que fixo unha descrición das prácticas androcéntricas, así como dos problemas que xurdían delas, en The Man-Made World or, Our Androcentric Culture, publicado en 1911. Así, o androcentrismo enténdese como unha práctica social onde os axentes compoñentes asumen roles funcionais universalizados. Segundo Perkins Gilman, tanto os modelos vitais masculinos como as actitudes masculinas afírmanse como universais, mentres que as das mulleres son consideradas complementarias. A propia visión androcéntrica do mundo mestura "androcentrismo" con "antropocentrismo", e "home" con "humano".

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra "androcentrismo" provén do grego antigo ανδρο, andro-, "home, macho", e χεντρον, kentron, "centro".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Androcentrisme Arquivado 06 de xullo de 2017 en Wayback Machine. Tallers per la igualtat, Centre Dolors Piera d'Igualtat d'Oportunitats i Promoció de les Dones, Universidade de Lleida (en catalán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]