Saltar ao contido

Xabier Cordal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXabier Cordal

Cordal en 2013 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1965 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Galega
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras, poesía e crítica literaria Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, escritor, crítico literario Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa e ensaio
Premios

Enciclopedia Galega Universal: 105634 BNE: XX841890 BUSC: cordal-fustes-xabier-1965 Dialnet: 2117625 Discogs: 5431410 Editar o valor en Wikidata

Xabier Cordal Fustes, nado na Coruña o 27 de novembro de 1965, é un escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Compostela. Exerceu desde 1989 como profesor de Lingua e Literatura galegas nos IES de Bande, Mondoñedo, Castro de Rei e Ribadeo ata xubilarse en 2025. Reside en Burela.

Como escritor destaca a súa produción poética. Foi un dos integrantes do grupo poético Ronseltz (Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, 1994) e formou parte das Redes Escarlata (Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003) . Fixo crítica literaria e colaboracións xornalísticas no xa extinto O Correo Galego (dentro do suplemento Revista das Letras) e en Galicia Hoxe. Tamén colaborou en varias publicacións periódicas como A Trabe de Ouro[1] e como articulista de opinión no xornal dixital Vieiros[2]. Mantivo os blogs Monte Alto e Centeás (2010-2014).

Foi ademais autor do guión do filme A mariñeira e letrista do grupo musical Luar na Lubre ("Memoria da noite" ou "Centeás" levan a súa sinatura).

En 2022 participou en Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües, celebrados en Padrón, Santiago e Pontevedra, organizados pola Fundación Rosalía de Castro.[3]

Traducións

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • "A ideoloxía reintegracionista (notas de filoloxía política 2.0)"en A Trabe de Ouro, nº 79.

Didáctica

[editar | editar a fonte]

Como editor

[editar | editar a fonte]

Como tradutor

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
Cordal no Premio da Crítica 2013.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É pai de Sabela e de Estevo Cordal Vidal.

  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-07-11.
  2. "Xabier Cordal Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-07-11.
  3. "Rosalía en Camiño 2022". Fundación Rosalía de Castro. Consultado o 2022-07-03.
  4. "resistencia da auga [Xabier Cordal]". A poesía necesaria. Consultado o 2022-07-11.
  5. "resistencia del agua". Baile del Sol (en castelán). Consultado o 2024-01-17.
  6. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-07-11.
  7. "Xabier Cordal Premios da Crítica Galicia Web oficial da Fundación Premios da Crítica Galicia". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2022. Consultado o 2022-07-11.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]