Murguía (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Murguía
PaísEspaña
Lingualingua galega
Fundación2003
Circulación
ISSN1696-9197
OCLC961118625
editar datos en Wikidata ]
Esta fotografía de Castelao aparece na portada de Murguía n.º 35-36, 2017.

Murguía. Revista Galega de Historia, chamada así en referencia á Manuel Murguía, un dos historiadores máis sobranceiros de e sobre Galicia, é unha publicación semestral editada en Santiago de Compostela inicialmente baixo os auspicios da Asociación Galega de Historiadores e do grupo Colectivo Murguía, e na actualidade polo Instituto Galego de Historia. Está dirixida polo doutor en Historia Contemporánea Uxío-Breogán Diéguez Cequiel e coordenada pola doutora en Historia Medieval Alexandra Cabana Outeiro, fundadores da publicación.

Comezou a súa andaina no ano 2003, tendo publicados 36 volumes até finais de 2018. O seu ISSN é 1696-9197 e o seu depósito legal é C-1640-2003. Inicialmente cunha periodicidade cuadrimestral, desde 2012 edítase cada seis meses.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A revista Murguía dedica o seu último número aos exilios". Sermos Galiza. 9/1/2018. Arquivado dende o orixinal o 18/01/2018. Consultado o 18/01/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]