Antón Cortizas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antón Cortizas Amado, nado en Ferrol o 16 de outubro de 1954, é un mestre e escritor de literatura infantil en lingua galega.

Obra[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • O coleccionista de sombras, 1987. Teatro
  • Memorias dun río, 1988, S. M. Edición en Sotelo Blanco no 2001.
  • O coleccionista de sombras, 1990, Sotelo Blanco. Teatro.
  • Xiganano, onde estás?, 1990, S. M. Narrativa.
  • O conto dos sete medos, 1992, S. M. Narrativa.
  • O lapis de Rosalía, 1992, narración. O lapis de Rosalía non escribe as frases retóricas que vai ditando unha mestra autoritaria, senón frases imaxinativas e poéticas.
  • A bruxa sen curuxa, 1993, S. M. Narrativa.
  • O caso das chaves desaparecidas, 1993, Edelvives. Narrativa.
  • Un dragón no camiño, 1994, Xunta de Galicia. Teatro de monicreques.
  • O incríbel invento de Solfis, a pianista, 1994, Asociación Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós. Teatro.
  • O merlo de ferro, 1995, S. M. Narrativa.
  • Historias, e algún contratempo, todas ditas en romance, 1996, Galaxia. Narración en verso.
  • O ladrón de ar, 1996, Casals. Teatro (orixinal de 1988).
  • Leonel, 1996, Xerais. Novela xuvenil.
  • Contos de vento e de nunca acabar, Galaxia, 1999. Narrativa.
  • Os gritos das Illas Lobeiras, 2000, S. M. Narrativa.
  • ¡Cázame ese pensamento!, 2001, Ir Indo. Teatro.
  • Dominicus, o dragón, 2001, Edelvives. Hai versión en castelán.
  • O lapis de Rosalía, 2001, S. M. Narrativa.
  • A merla de trapo, 2001, Xerais. Narrativa.
  • Onde o sol non adormece, 2003, Xerais. Narrativa.
  • Era unha vez na quimbamba, 2006, Tambre. Poesía.
  • Os amores de Bruno, 2008, Planeta-Oxford. Narrativa.
  • Sopra neste furadiño, 2008, Edicións Embora. Narrativa.
  • Vestida coa arco da vella, 2008, Edicións Embora. Narrativa.
  • Vaia tropa!, 2011, Xerais. Poesía.
  • O merlo de ferro, 2013, Xerais. Narrativa.
  • O lapis de Rosalía, 2015, Xerais. Narrativa.
  • Anatomía da lingua (Lingua de amar, lingua de amor), 2017, ilustrado por Leandro Lamas. Poesía.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Chirlosmirlos (Enciclopedia dos xogos populares), 2001, Xerais.
  • Ao pé da Laxa da Moa, 2010, Xerais.
  • Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, 2013, Xerais.

Teatro[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Teatro Infantil Xeración Nós no 1987, por O coleccionista de sombras.
  • Premio O Barco de Vapor no 1988, por Memorias dun río.
  • Premio Teatro Infantil Xeración Nós no 1990, por O incríbel invento de Solfis a pianista.
  • Premio O Barco de Vapor no 1991, por O conto dos sete medos.
  • Accésit do Premio de Teatro profesional Xacobeo no 1993, por Romance de Bernal o francés.
  • Premio O Barco de Vapor no 1995, por Os gritos das Illas Lobeiras.
  • Premio Merlín no 2001, por A merla de trapo.
  • Mención no VII Premio Arume de Poesía para nenos no 2013, por Cando as follas voan.
  • Premio Antón Losada Diéguez de Investigación no 2014, por Tastarabás.
  • VIII Premio Manuel María de literatura dramática infantil no 2014, por Xogando con gatos.
  • Premio de teatro na I Gala do Libro Galego en 2016, por Xogando con gatos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]