María do Carmo Ríos Panisse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María do Carmo Ríos Panisse
Nacemento18 de maio de 1946
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilóloga e profesora
NaiMaría del Portal Panisse
CónxuxeAntón Santamarina
Na rede
Dialnet: 47986
editar datos en Wikidata ]

María do Carmo Ríos Panisse, nada en Santiago de Compostela o 18 de maio de 1946, é unha filóloga galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla da química e farmacéutica María del Portal Panisse. Graduouse en Filosofía e Letras en 1968 na Universidade de Santiago de Compostela coa tese Vida mariñeira de Sada. Contribución pra un estudo lingüístico. Doutorouse en 1973 coa tese Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia.

Foi profesora de Lingua e Literatura galegas no IES Rosalía de Castro de Compostela desde 1981 até a súa xubilación en 2006. Participou na Agrupación Cultural O Galo de Santiago e no Instituto da Lingua Galega. Neste último colaborou na creación do proxecto do tesouro lexicográfico galego.

En 1973 participou no Atlas lingüístico de los marineros peninsulares dirixido por Manuel Alvar.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Antón Santamarina. É nai de Cibrán e Duarte Santamarina Ríos.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Vida mariñeira de Sada. Contribución pra un estudo lingüístico (Verba. Anuario Galego de Filoloxía vol. 1, 1974).
  • Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces (Verba. Anexo nº 7, 1977).
  • Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas (Verba. Anexo nº 19, 1983).

Amais, publicou numerosos artigos en revistas como Grial ("Contos da miña terra (1864), primeira edición do conto galego atribuído a Rosalía de Castro", 1995)[1], en Dorna ("Consideracións didácticas sobre a literatura galega: o problema do funcionamento do texto literario nunha situación lingüística e cultural non normalizada"[cando?]) ou no Anuario de Estudios Literarios Galegos. Tamén é autora de relatorios sobre lingua e literatura galegas en homenaxe a Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro.

No libro Os séculos escuros, coordinado por Anxo Tarrío (Hércules de Ediciones, A Coruña, 2000), foi responsable dos capítulos dedicados ó Prerrexurdimento e ós inicios do Rexurdimento. É tamén autora de edicións críticas de Devalar, de Otero Pedrayo (1992), e Obra poética dispersa de Xoán Manuel Pintos Villar (2006).[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ríos Panisse, M. C. (abril-xuño de 1995). "Contos da miña terra (1864), primeira edición do conto galego atribuído a Rosalía de Castro". Grial (Galaxia) (126): 257–280. 
  2. Rede de Bibliotecas de Galicia.
  3. "Carme Ríos Panisse recupera a poesía de Pintos Villar nunha edición crítica", La Voz de Galicia, 15/3/2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]