Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG)
Sindicato de Galiza
Logo INTG.PNG
Dirixentes e organización
Líder Lois Ríos, 1º secretario xeral
Xan Carballo, 2º secretario xeral
Filiación internacional Federación Sindical Mundial
Historia
Fundación 1980
Disolución 1993
Posicións políticas
Ideoloxía Nacionalismo galego
Esquerda
Socialismo
Anticapitalismo
Marxismo
Outros datos
Sede Santiago de Compostela

A Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en febreiro de 1981 tras a unión da ING e a CTG. En xaneiro de 1982 celebrou o primeiro Congreso, no que saíu elixido secretario xeral Lois Ríos. En 1982 integrouse nela a Confederación Sindical Galega e nas eleccións sindicais de 1982 conseguiu 1.649 delegados (18,5 %). En 1983 Xan Carballo saiu elixido novo secretario xeral. En maio de 1984 constituíuse a corrente interna, Converxencia Sindical Nacionalista, que era un sector próximo ao PSG-EG, que maioritariamente proviña da CTG e a CSG e que en 1985 escindiuse e constituíu a Confederación Xeral de Traballadores Galegos. Nas eleccións sindicais de 1986 a INTG conseguiu 1.067 delegados, quedando por baixo da CXTG.

En maio de 1987 celebrou o seu III Congreso que elixiu a Manuel Mera como secretario xeral nun ambiente de tensión que se reflectiu nas eleccións para o secretariado, centradas nas relacións coa CXTG, no que concorreron tres listas, a lista próxima ao BNG conseguiu 6 membros, a próxima a FPG 3 e a de APU 1.

En 1990 formou coa CXTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais, que en 1994, ao se uniren definitivamente, transformouse na Confederación Intersindical Galega (CIG).

O voceiro do sindicato era a publicación O Eixo. En marzo de 1986 saíu o primeiro número de Abrente, voceiro da Secretaría da Muller.