Montse Dopico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Montse Dopico
Montse Dopico.jpg
Nacemento1977
 A Pontenova
Ocupaciónxornalista e profesora
editar datos en Wikidata ]

Montse Dopico, nada na Pontenova en 1977, é unha xornalista galega. En 2018 é profesora na Universidade de Santiago de Compostela.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Xornalismo e Historia, Antropoloxía, Socioloxía e Ciencias Políticas. En 2012 colaborou co xornal El País.[2]

En 2014 promoveu o espazo de xornalismo cultural Magazine Cultural Galego[3] e participou no XI Simposio O libro e a lectura 2014: O libro e a lectura nos medios, na xornada A mediación cultural de Internet e no encontro 30 anos de novela negra galega organizado polo Consello da Cultura Galega.[4]

Entre 2012 e 2019 traballa co xornal Praza Pública.[5]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

En 2017 recibiu o Premio de Xornalismo Johán Carballeira pola súa reportaxe "Galaxia vs Galaxia. A construción de hexemonía cultural", publicada na revista Luzes.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Horario". USC. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  2. "Montse Dopico". El País. Consultado o 2 de maio de 2015. 
  3. Lorenzo Gil, César. "Montse Dopico: “A maneira de demandar información cultural é lela, non chorar cando desaparece”". Consultado o 2 de maio de 2018. 
  4. "Montse Dopico". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  5. "Montse Dopico". Praza Pública. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  6. "O XIV Premio Johán Carballeira de Xornalismo premia a Montse Dopico e a María Obelleiro". AELG. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  7. "HISTÓRICO DOS PREMIOS DE XORNALISMO JOHÁN CARBALLEIRA DE BUEU" (PDF). Concello de Bueu. Consultado o 2 de maio de 2018.