Saltar ao contido

Afonso Eiré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAfonso Eiré

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1955 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
A Laxe Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Enciclopedia Galega Universal: 117751 BNE: XX1389779 BUSC: 981013406006307712 Dialnet: 2159584

Afonso Eiré López, tamén coñecido como Pucheiro, nado en Río Pedroso (A Laxe, Chantada) o 15 de febreiro de 1955, é un xornalista e escritor galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Lugo. Aos 14 anos comezou a colaborar en El Progreso estando no instituto de Chantada e aos 16 dirixiu a revista xuvenil O Cabeceiro. Xogou de porteiro no Chantada de fútbol. Estudou xornalismo na Universidade de Madrid.[1] Colaborou en diversos medios de carácter estatal. En 1977 comezou a traballar en A Nosa Terra encargándose das páxinas deportivas. En 1981, despois dunha crise encargouse de remodelar o semanario e formar un novo equipo e entre 1983 e 2007 foi o seu director. En 2007 ascendeu a conselleiro delegado de A Nosa Terra. Foi comentarista político e presidente da Fundación A Nosa Terra.[2]

Usou o pseudónimo Pucheiro sobre todo nas crónicas e comentarios deportivos[3]. Colaborou na TVG[4], foi comentarista na Radio Galega e na SER Galicia e mantivo unha columna semanal en El Correo Gallego.[5]

Traxectoria literaria

[editar | editar a fonte]
Presentación de Memorias dunha vaca marela en Pontevedra, 2018. Con Anxo González Guerra (esquerda) e Xosé Abilleira (dereita)

Amigos sempre (1998) é a súa primeira novela de formación, recrea a vida no Seminario de Lugo nos anos 60.

O coxo de Vilarelle (2004) é unha novela que recrea o feito histórico na contorna de Chantada arredor da suposta mellora da estrada nacional de Ourense a Lugo.[6]

Os bicos de Tina (2009) fala unha muller madura a piques de atoparse de novo co amor platónico da súa vida, o mesmo que abandonou de nova por un futuro de cartos en Barcelona e plasma o espertar sexual de dous nenos nunha aldea, nun tempo de papel.[7]

O penalti de Fuco (2012): o árbitro pita un penalti na final da Copa do Rei de fútbol, que se xoga no Santiago Bernabeu entre o Real Madrid e o FC Barcelona, é o punto de partida dunha novela, no que o tempo se detén e en pouco máis de cinco minutos reais transcorre a historia de Francisco Rodríguez.[8]

Infiltrados. Os servizos secretos, a UPG e outras historias do nacionalismo (2013) é unha historia de espías. Xosé Torga é militante da UPG, investiga e descobre o papel dos servizos secrertos españois nos distintos conflitos internos que sufriu o nacionalismo galego.

En Eu estaba alí (2014)[9] lembra os principais episodios da viga galega: a ruptura do BNG, Cuíña Crespo e Fraga Iribarne, Carlos Mella e Barreiro Rivas, O Piloto, a morte de Amador e Daniel, de Moncho Reboiras. E as batallas das Encrobas, Baldaio, Xove, A Cota Empresarial, O Xurelo. Ademais do Estatuto de Autonomía, o intento de secuestro de Gómez Franqueira, a disolución do Partido Galleguista etc.

O Piloto. O último guerrilleiro (2015) é un libro de investigación novelada sobre Xosé Luís Castro Veiga, O Piloto.[10]

A morte do meu pai (2017) é unha historia persoal que recolle os últimos días do pai e as relfexións que lle vai provocando.[11]

En Memorias dunha vaca marela (2018)[12] volve a Cachorra, protagonista de Eu tamén fun coas vacas que directamente conta a súa vida na que se ve a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia á explotación industrial.

A maxia da auga (2020) é un libro que revive e actualiza os principais mitos galegos e lles dá unha nova visión. Case todas as lendas ancestrais galegas teñen algo en común; están, dun xeito ou doutro, relacionadas coa auga.[13]

Ausentes (2022) é o libro global da nosa emigración. Non só son as historias dos que marchan aos distintos países de América, de Europa ou do estado español, senón tamén dos que quedan. Todos sofren de Ausencia.

O militante (2024)[14] Martiño Domínguez, destacado militante nacionalista e líder sindical lembra os principais episodios económico-políticos nos que participou como dirixente nacionalista e como presidente do Comité de Empresa de Caixasur.

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Colaboracións en obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Xornalistas ante a Lei. Edicións Lea.
  • Libro de ouro (1999). Deputación de Lugo.
  • Crónicas chantadinas (2004). Deputación de Lugo.
  • Café de 4 A 4. 25 aniversario. VG.223-2006.
  • No país da irmandade (2007). Deputación da Coruña.
  • En defensa do Poleiro (2010). Toxosoutos.
  • Xabarín 18 (2013). EEI Monte da Guía; Concello de Vigo; Galaxia.
  • Homenaxe a Neira Vilas. E. Ismael González.
  • Galegos universais. Influencia de Galicia no mundo (2016). Autor de "Fidel Castro, neto de galegos pobres". Hercules. Coordinador.
  • Moncho Valcarce, un dos inesquecibles (2018). Deputación da Coruña. ISBN 9788498123388
  • Els maquis: la resistència armada contra el franquisme (1936-1965) (2020). Valencia.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 "Afonso Eiré López Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2021-01-28.
  2. ↑ "CONCELLO DE CHANTADA WEB OFICIAL Historia". www.concellodechantada.org. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2021. Consultado o 2021-01-29.
  3. ↑ "p". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-01-26.
  4. ↑ "Afonso Eiré, xornalista e escritor. Autor do libro "Eu estaba alí". CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-01-28.
  5. ↑ "Afonso Eiré". www.elcorreogallego.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2020. Consultado o 2021-01-28.
  6. ↑ "O coxo de Vilarelle Espiral Maior LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2023. Consultado o 2021-01-28.
  7. ↑ Mato, Mar (2009-03-23). "Afonso Eiré: "O fracaso das relacións vén da falta de liberdade para medrar"". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2021-01-28.
  8. ↑ "Eiré engade ‘O penalti de Fuco’ á escasa presenza do fútbol na nosa literatura – Editorial". Consultado o 2021-01-28.
  9. ↑ "Afonso Eiré presenta en Lalín su libro 'Eu estaba alí'". Faro de Vigo (en castelán). 2014-11-13. Consultado o 2021-01-28.
  10. ↑ "Evento: O piloto. O último guerrilleiro Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2021-01-28.
  11. ↑ Nicolás, Ramón (2017-09-04). "A morte do meu pai, de Afonso Eiré". Caderno da crítica. Consultado o 2021-01-28.
  12. ↑ "RADIO.- Afonso Eiré: "Pedro Sánchez levaba preparando este Goberno hai máis de dous meses"". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-01-28.
  13. ↑ Xmeyre, ~ (2020-03-10). "crítica de A MAXIA DA AUGA, de Afonso Eiré, en Hércules de Ediciones.". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-01-28.
  14. ↑ Nicolás, Ramón (2024-07-22). "O militante, de Afonso Eiré". Caderno da crítica. Consultado o 2025-12-08.
  15. ↑ 20minutos (2010-03-12). "Alfonso Eiré recopila la historia "sistemática" de Chantada desde la prehistoria y desvela los porqués de su evolución". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2021-01-28.
  16. ↑ "Belesar o orgullo de España. Afonso Eiré,  2013. Hercules de Ediciones.". ourense-natural.es. Consultado o 2021-01-28.
  17. ↑ "Belesar, o orgullo de España". www.letrasavila.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2021.
  18. ↑ "100 anos da Selección Galega – Fundación Galiza Sempre". 2025-01-20. Consultado o 2025-12-08.
  19. ↑ "Afonso Eiré presenta la reedición de «Amigos sempre», una historia de abusos en un seminario". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-08-03. Consultado o 2021-01-28.
  20. ↑ "Asolagados (2013)" (en castelán). Consultado o 2021-01-28.
  21. ↑ "O Piloto de Xosé Reigosa". www.lagavillaverde.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2022. Consultado o 2021-01-28.
  22. ↑ "Eiré López, Afonso". egu.
  23. ↑ "O xornalista e escritor Afonso Eiré recibirá en Chantada o premio Moncho do Pío". La Voz de Galicia. 2007-12-11. Consultado o 2021-01-28.
  24. ↑ "XL Premio Afundación de Periodismo Julio Camba ·". Consultado o 2021-01-28.
  25. ↑ "La Xunta concede las medallas Castelao a Érguete, 'A Nosa Terra' y Hércules Ediciones". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-01-28.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]