Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel | |
---|---|
Nacemento | 1952 |
Lugar de nacemento | Campo |
Falecemento | 18 de abril de 2017 |
Lugar de falecemento | Meirás |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e psicólogo |
Premios | Premio Blanco Amor |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Miguel Suárez Abel, nado en Campo (Arzúa) en 1952[1] e finado en Meirás (Valdoviño) o 18 de abril de 2017, foi un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Psicoloxía, exerceu como orientador no IES Luís Seoane de Pontevedra. Colaborador de radio e prensa.
Deuse a coñecer ao ser premiado no Certame Modesto R. Figueiredo cos relatos A alemá en 1981, O fillo de Serafín en 1982, O quiquiriquí en 1983. A súa primeira novela Turbo (1986) gañou o Premio Blanco Amor. Álvaro Pino é unha novela-reportaxe publicada en 1989 e Sabor a ti (1991) foi finalista do Premio Xerais. O repenique de Beatriz Goldar gañou o Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia en 2002.
Faleceu o 18 de abril de 2017 por mor do cancro.[2]
Obra[editar | editar a fonte]
Relato[editar | editar a fonte]
- Turbo, 1988, Xerais.
- Sabor a ti, 1991, Xerais.
- Co dedo nos beizos, 1992, Contos do Castromil.
- Selva Negra, 1993.
- O repenique de Beatriz Goldar, 2003.
- Nunca te vin chorar, 2010.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Álvaro Pino, 1989, Xerais.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- Novo do trinque, 1997, BNG.
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Suárez Abel, M. (1989). Álvaro Pino. Xerais. ISBN 84-7507-429-4.
- ↑ López, Belén (18 de abril de 2017). "Falece o psicólogo e escritor Miguel Suárez Abel aos 65 anos". Diario de Pontevedra. Consultado o 18 de abril de 2017.