Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
IES Lucus Augusti
Instancia de
Fundación / creación
1842
Situado en
Enderezo
Avenida Rodriguez Mourelo, Lugo
Páxina WEB
Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons
Decreto polo que se crea o Instituto de Lugo (antecesor do IES Lucus Augusti ), na Gaceta de Madrid do 6 de decembro de 1842 .
O IES Lucus Augusti é un instituto de Ensino secundario sito na cidade de Lugo . Foi creado a partir dunha Real Orde do 30 de novembro de 1842 .[ 1] É, polo tanto, o instituto decano de Galicia e un dos Institutos Históricos de Galicia e forma tamén parte da Asociación nacional para a defensa do patrimonio dos Institutos históricos (ANDPIH ). Ao longo da historia recibiu os nomes de Instituto Provincial de Segunda Enseñanza de Lugo ,[ 2] Instituto Nacional de Lugo ,[ 3] Instituto de Lugo [ 4] e Instituto Masculino de Lugo .[ 5]
O 6 de marzo de 2018 , o Ministro de Educación, Cultura e Deporte , Íñigo Méndez de Vigo y Montojo , concedeulle ao instituto o ingreso na Orde Civil de Afonso X o Sabio , na que se premia os méritos en educación, cultura e ciencia.[ 6] En febreiro de 2019, a Ministra de Educación e Formación Profesional , Isabel Celaá , entregou unha placa conmemorativa acreditando o acto.[ 7] [ 8] [ 9] [ 10]
1842-1848: Edificio do Seminario Conciliar (hoxe, o colexio Franciscanos, de Lugo).
1848-1862: marchou a Monforte .
1862-1873: no edificio do concello, na parte posterior.
1873-1950: nun lateral do edificio construído para albergar a Deputación .
1950-actualidade: edificio actual.
Esta é unha lista dos directores, nas diferentes estapas do instituto, até 1975.[ 11]
Período
Nome
Materia impartida
1842-1846
José Jorge de la Peña y Reloba
Física / Agricultura
1846-1848
Leoncio Perejón Campoamor
Relixión e Moral
1848-1851
Francisco Fariña Rodríguez
Matemáticas
1849-1852
Antonio Rodríguez Silva
Historia Natural
1852-1859
Gabriel Sierra Rodríguez
Relixión e Moral
1859-1870
Francisco Fariña Rodríguez
Matemáticas
1870-1873
Gumersindo Laverde Ruiz
Retórica e Poética
1873-1874
Francisco Serrano Pallarés
Psicoloxía, Lóxica e Ética
1874-1878
Antonio Magín Pla
Xeografía e Historia
1878-1900
Valentín Portabales Blanco
Latín, Retórica e Poética
1900-1901
Primo Castro Pita
Historia Natural
1878-1900
Valentín Portabales Blanco
Retórica e Poéica
1918-1930
Salvador Velayos González
Física e Química
1930-1941
Alfredo Rodríguez Labajo
Matemáticas
1941-1955
Delio Mendaña Álvarez
Física e Química
1955-1958
Glicerio Albarrán Puente
Filosofía
1958-1959
Lázaro Montero de la Puente
Lingua e Literatura Castelá
1959-1963
Froilán López López
Latín
1963-1968
Delio Mendaña Álvarez
Física e Química
1968-1969
Amable Veiga Arias
Latín
1969-1973
Ángel González Fernández
Filosofía
1973-1975
Jesús Díaz López
Xeografía e Historia
Jaramillo, M.A.; Prado Gómez, Antonio, eds. (1992). O Instituto de Lugo a través dos seus documentos. Catálogo de la exposición . Lugo: Deputación Provincial de Lugo.
Prado Gómez, Antonio (2011). "Antonio Fraguas y Fraguas (1905-1999)". Participación educativa (Número Extraordinario 1): 149–162. ISSN 1886-5097 .
Prado Gómez, Antonio (2013). O Instituto rovincial de Lugo 1842-1975 . Lugo: Servizo de Publicacións Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-482-4 .