Saltar ao contido

Deputación de Lugo

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 Deputación de Lugo
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Cargo dirixente
Implicados
 Presidente/a
Organizacións
 Forma xurídica
Datas
 Fundación / creación
1833 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Xurisdición
 País
Identificadores
VIAF168510963 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000119434237 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: deputacionlugo Twitter: depulugo Youtube: UCMfIdC9-98RnNgFVVJ1m_oA BNE: XX109812 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A Deputación provincial de Lugo, unha das catro deputacións de Galiza, é o órgano institucional propio da provincia de Lugo e ao que corresponden diversas tarefas tanto administrativas como executivas. Traballa en prol da totalidade dos municipios lugueses e ocúpase de traballos de coordinación entre concellos e máis de dotación de infraestruturas, control destas e supervisión en xeral de calquera movemento administrativo da provincia de Lugo.

A Deputación de Lugo foi creada no ano 1836, como consecuencia da organización de España en provincias. Naquela época exerceu competencias en materia de obras públicas, educación, beneficencia, así como funcións intermedias entre os municipios e a administración do estado.

No ano 1979 quedou constituída como organismo democrático á vez do proceso de transición que se desenvolvía en España.

Presidentes

[editar | editar a fonte]

Representación provincial

[editar | editar a fonte]

O pleno da deputación está formado por 25 deputados. No pleno de investidura do ano 2015, a candidata do PP, Elena Candia López foi elixida presidenta tras empatar a 12 votos co candidato socialista Darío Campos e votarse o deputado socialista Manuel Martínez a si mesmo.[1] O 8 de outubro de 2015, PSdeG e BNG presentan unha moción de censura e desta vez, co apoio de Manuel Martínez, o socialista Darío Campos foi elixido presidente da deputación.

En 2019 repetiuse o acordo entre PSdeG e BNG. Dende aquela o presidente é José Tomé Roca, alcalde de Monforte de Lemos, e a vicepresidenta, Tareixa Ferreiro, concelleira na capital.[2]

A representación dos diferentes partidos políticos logo das eleccións municipais de 2019 é a seguinte:[3]

Composición da Deputación tras as eleccións de 2019
Partido político Votos % Deputados
Partido Popular de Galicia (PPdeG)
77.290
39,16%
12
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE)
64.294
32,57%
10
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
25.766
13,05%
3

Distribución dos escanos por partidos xudiciais.

[editar | editar a fonte]
Partido xudicial Deputados
Chantada 1 1 2
A Fonsagrada 1 1
Lugo 6 4 2 12
Mondoñedo 3 2 1 6
Monforte de Lemos 1 1 2
Vilalba 1 1 2
Total 12 10 3 25

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]