Dioivo (banda)
Dioivo | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Vigo, Galiza ![]() |
Período | 2016-actualidade |
Xénero(s) | black metal |
Selo(s) discográfico(s) | Darkwoods |
Membros | Jacobo Mouriño Almeida Daniel Valladares Otero |
Artistas relacionados | Mileth |
Páxina web | dioivo.bandcamp.com |
Dioivo é un grupo de black metal en galego formado en Vigo en 2016[1].
Historia[editar | editar a fonte]
O grupo foi fundado por Dani Valladares e Jacobo Mouriño a partir dun proxecto anterior chamado Rust in Peace[2]. Axiña gravan o seu primeiro sinxelo, "Sempre pola morte esperas"[3], empregando como letra o poema de Rosalía de Castro incluído en Follas Novas. Posteriormente, en outubro de 2016, editarían o seu primeiro EP, titulado Dioivo I. Ese mesmo ano resultarían premiados no concurso "Xuventude Crea" organizado pola Xunta de Galicia[4], logrando o segundo premio compartido na categoría de música, que volverían gañar de novo en 2017[5].
Logo de tocar por salas de toda Galicia, o dúo comeza a gravar o seu primeiro álbum, Dioivo II, así coma a demo de adianto O Espertar[6]. O álbum veu finalmente a luz en xaneiro de 2019, da man do selo Darkwoods, logo dun concerto de presentación en Vigo xunto a Lóstregos e a Mileth[7]. En xullo dese mesmo ano editan o seu primeiro videoclip, correspondente ao tema "Lobishomes"[8].
Membros[editar | editar a fonte]
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums[editar | editar a fonte]
- Dioivo II (2019)
EPs[editar | editar a fonte]
- Dioivo I (2016)
Demos[editar | editar a fonte]
- O Espertar (2017)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Atlántico (2018-12-12). "Dioivo, el grupo black metal en gallego hecho en Vigo". Atlántico (en castelán). Consultado o 2020-03-17.
- ↑ "Dioivo: “A maior lacra do black metal é que se mestura coa extrema dereita”". Balea. 2019-03-11. Consultado o 2020-12-27.
- ↑ "GalicianTunes: Artista - Dioivo". www.galiciantunes.com. Consultado o 2020-03-17.
- ↑ "Música: final da especialidade de Música de Xuventude Crea 2016". xuventude.xunta.es. Consultado o 2020-03-17.
- ↑ "Xuventude Crea Premios 2017" (PDF). libraria.xunta.gal.
- ↑ "Dioivo". Dioivo. Consultado o 2020-03-17.
- ↑ Diario, Nós. "Noite de metal extremo en galego". Nós Diario. Consultado o 2020-03-17.
- ↑ "Dioivo". Faro de Vigo.