Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Logo da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.jpg
Local alexandre boveda.jpg
Local da agrupación
Tipoasociación cultural
Data de fundación1976
Presidente/aMaría Xosé Bravo (-)
EnA Coruña
PaísGalicia
43°22′10″N 8°24′16″O / 43.3695535, -8.4043625Coordenadas: 43°22′10″N 8°24′16″O / 43.3695535, -8.4043625
Na rede
https://www.acalexandreboveda.gal/
Facebook: agrupacion.cultural.alexandreboveda Twitter: acboveda Instagram: acalexandreboveda Youtube: UC1cNfaqvm7fB3MqDNHT4jmA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda é unha asociación cultural nacida na Coruña o 17 de agosto de 1976 e que ten como obxectivos prioritarios a promoción e defensa da lingua e da cultura galegas e a divulgación da figura e pensamento de Alexandre Bóveda.

Actividade[editar | editar a fonte]

Realiza diferentes actividades de tipo sociocultural entre as que destaca a celebración do Memorial de Teatro Amador Ibán Toxeiro[1], os obradoiros de teatro e de xadrez, os clubs de lectura, actividades na defensa dos dereitos das mulleres, a publicación dos números da Biblioteca Alexandre Bóveda, exposicións etc. Tamén realiza un traballo de investigación con temas como o nacemento e a repercusión das Irmandades da Fala, a recuperación e divulgación do patrimonio toponímico galego, a interacción da lingua cos avances tecnolóxicos, entre outras moitas. En xaneiro de 2020 puxo en marcha o proxecto e a web A Coruña das Mulleres, destinada a construír un fondo documental, gráfico e audiovisual, sobre a memoria feminina da cidade da Coruña[2].

En 2017 recibiu o premio Marcelino Liste outorgado polo Foro Cívico, como recoñecemento do seu traballo a prol da xustiza e da liberdade[3].

Acto de homenaxe a Alexandre Bóveda no Día da Galiza mártir, diante do seu monumento na Coruña. 
Acto no Teatro Rosalía de Castro, con motivo do XXI Memorial de teatro Ibán Toxeiro e o XX aniversario do Grupo de Teatro da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. 
Presentación do poemario "Ritual para unha tribo capital do concello" de Manuel María 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]