Diario 16 de Galicia
Diario 16 de Galicia | |
---|---|
Fundación | 24 de xuño de 1989 |
Remata | 1994 |
Director | Mariño†1992 Boó (xuño de 1990 – 17/12/1993) |
Localidade | Vigo |
Diario 16 de Galicia foi un xornal rexional que se publicou entre 1989 e 1994 en Vigo.[1]
Historia e características[editar | editar a fonte]
Apareceu en 1989. Estivo dirixido primeiramente por Segundo Mariño, posto que deixou en 1990 para incorporarse á dirección de La Voz del Tajo, de Toledo, sendo substituído por Xosé Miguel Alonso Boó. Entre os seus redactores figuraron Óscar Lomba, Fernando Ramos Fernández, Xosé Luís García Canido e Margarita Ledo. E entre os colaboradores, Chichi Campos, Xosé Domínguez González e Francisco Martínez Bouzas.
Entre os suplementos do xornal destacaron Biosfera e Galicia Literaria, dirixida por Manuel Forcadela e Xosé Ramón Pena. Entre 1991 e 1992 publicaron a colección de libros Biblioteca de Autores Galegos, con 90 títulos.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Vilavedra, Dolores, coord. (1997). Diccionario da literatura galega II. Publicacións periódicas. Galaxia. pp. 146–148. ISBN 84-8288-137-X.
- ↑ "Diario 16 de Galicia" en Diciopedia do século 21, t. 1, p. 698.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alonso, Fran (2011). Contesta ou disparo
- Freixanes, V. e Meixide, A. (2010). O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. Fundación Caixa Galicia.