Carmen Mejía Ruiz
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Carmen Mejía Ruiz | |
---|---|
Nome completo | Carmen Mejía Ruiz |
Nacemento | 4 de abril de 1956 |
Lugar de nacemento | Valdepeñas |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | escritora e académica |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carmen Mejía Ruiz, nada en Valdepeñas o 4 de abril de 1956, é unha filóloga española, estudosa da lingua e literatura galegas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doutora en Filoloxía Románica e profesora titular de Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid, onde exerce a docencia sobre literatura románica medieval, lingua e literatura galegas e lingüística románica. Investiga especialmente sobre narrativa hispanoamericana, libros de viaxes, poesía e narrativa peninsular comparada e sobre o exilio nas literaturas peninsulares.
É a directora de Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, publicada en Madrid, e ten participado en varios congresos literarios e conferencias, divulgando a literatura galega.
Obras[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- La figura del dictador en la novela moderna y contemporánea (Narrativa hispanoamericana), 1987.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Estéticas da poesía galega e signos de ruptura. Unha nova ollada ó Grupo de comunicación poética Rompente, 2001, en Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.
- El exilio de Castelao en Norteamérica (Textos y documentos), 2004, tamén en Madrygal.
- Dos vidas y un exilio. Ramón de Valenzuela y María Victoria Villaverde. Estudio y antología, 2011, Universidade Complutense de Madrid.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Pedrón de Honra en 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Carmen Mejía Ruiz na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.