Grupo SM
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Grupo SM é unha editorial española especializada na publicación de libros de texto e de literatura infantil e xuvenil, cunha importante presenza tamén en Iberoamérica. A empresa matriz, Ediciones SM, foi fundada polos relixiosos marianistas de España na década de 1940. En 1977 constituíuse a Fundación Santa María, que máis tarde pasaría a charmarse Fundación SM, propietaria a partir dese momento de Ediciones SM. A comezos do século XXI, o grupo presente en nove países: Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, España, México, Perú, Porto Rico e República Dominicana. Conta cun catálogo de máis de 9.000 títulos, en coleccións como El Barco de Vapor e Gran Angular, amais de manuais de ensino e aprendizaxe de idiomas, dicionarios e libros de consulta.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Grupo SM (en castelán).
- Fundación SM (en castelán).