Himalaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Himalaia
Himalayas.jpg
Vista aérea do Himalaia, O Monte Everest pode observarse cerca do centro da imaxe.
Mapa orográfico da cordilleira do Himalaia.
Localización
Continente/s Asia
País/es Flag of Nepal (with spacing).svg Nepal
Flag of Bhutan.svg Bután
Flag of the People's Republic of China.svg China
India India
Rexión Asia Meridional
Coordenadas 27°59′17.0″N 86°55′31.0″L / 27.988056, -86.925278Coordenadas: 27°59′17.0″N 86°55′31.0″L / 27.988056, -86.925278
Datos
Principais cumes Monte Everest
Cota 8846 m msnm
Lonxitude 2600 km
Ancho 350 km
Orientación leste/oeste
Tipo Oroxenia

O Himalaia (ou Himalaias) é unha cordilleira asiática que separa o subcontinente indio do vasto planalto tibetano (agora parte da China) no norte. O nome Himalaia ven do hindi hima = Neve + laya = Montaña, así mesmo a palabra Himalaia ten a súa orixe na lingua sánscrita, sendo pronunciada cun longo primeiro 'a' e un curto último 'a', como 'himaal-ya', en vez de 'him-u-l-yu' ou 'him-u-layaa'.

O Himalaia é a cordillera máis alta da Terra, con dez das catorce cimas de máis de 8000 metros de altura, incluíndo o Everest, cos seus 8848 msnm, a montaña máis alta do planeta.

Forma parte dun complexo orográfico maior: o sistema dos Himalaias, un conxunto composto polas cordilleiras do Himalaia, Karakorum, Hindu Kush e diversas outras subcordilleiras que se estenden a partir do Nó do Pamir e as súas subcordilleiras adxacentes.

No Himalaia nacen algúns dos maiores ríos do mundo como son o Ganxes, Indo, Brahmaputra, Yamuna e Yangtzé, en cuxos concas viven non menos de 1300 millóns de persoas. As montañas do Himalaya influíron profundamente nas culturas de Asia do Sur e moitas delas son consideradas sagradas para o Hinduísmo ou o Budismo.

Xeoloxía e formación[editar | editar a fonte]

A cordilleira do Himalaia é unha das cordilleiras máis novas do planeta e componse principalmente de rochas sedimentarias e metamórficas. Segundo a teoría moderna da tectónica de placas, o Himalaia é o resultado dunha colisión continental, ou oroxénese, ao longo do limite converxente entre as placas indoaustraliana e euroasiática. Esta colisión iniciouse no Cretáceo superior (fai preto de 70 millóns de anos), cando a placa indoaustraliana (que se transforma posteriormente na placa índica e a placa australiana[1]), que se desprazaba cara ao norte a unha velocidade de 15 centímetros por ano, chocou coa placa euroasiática. A parte do océano de Tetis, que as separaba, desapareceu completamente fai preto de 50 millóns de anos. A placa da India continúa movéndose a unha velocidade constante duns 5 centímetros por ano, subducindose baixo a placa euroasiática e causando a elevación dos Himalaias e da meseta tibetana.

A placa da India empuxa e distorsiona a litosfera asiática en máis de 3000 km ao norte dos Himalaias. O Tíbet está cortado por grandes fallas que absorben esta deformación. No lado este de o empuxe da India, a cadea de Arakan e as illas de Andaman e Nicobar no Océano Índico tamén foron creadas polo movemento entre a India e Eurasia.

Esta intensa actividade tectónica fai que a rexión sexa moi activa desde o punto de vista sísmico. Por outra banda, están documentadas no extremo sur dos Himalaias terremotos históricos de magnitude 8 ou máis. O movemento continuo desas placas indica que o Himalaia continua a aumentar de tamaño. Os xeólogos estiman que o Himalaia crecerá de 8 a 10 cm por ano se o movemento de placas fose o único factor. Existen aínda, no entanto, forzas de erosión que diminúen a altura das montañas. O crecemento medio do Himalaia é de aproximadamente 2.5 a 5 cm por século.

Himal[editar | editar a fonte]

Himal é a palabra nepalesa para "altura", e é usada para denominar as varias regións do Himalaia. No Nepal, temos:

  • Annapurna Himal
  • Ganesh Himal
  • Khumbu Himal
  • Langtang Himal
  • Manang Himal
  • Rolwaling Himal

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Himalaia esténdese sobre máis de 2.400 km no sentido dos paralelos xeográficos, desde o Nanga Parbat, no Paquistán, no oeste, até o Namche Barwa, no Tíbet, no leste. Estruturalmente componse de tres cadeas paralelas dispostas en rango de altitude e de período xeolóxico.

A máis meridional e nova das cadeas é a denominada «Sub-Himalaia » (outeiros de Shivalik), e levántase até uns 1.200 metros de altitude. Creouse pola acción erosiva logo da formación do Himalaia. En paralelo a esta cadea, e en posición intermedia, encontramos o «Baixo Himalaia », un cordal con alturas que oscilan entre os 2.000 e os 5.000 metros. Por último, a cadea máis setentrional é o «Grande Himalaia », que é tamén o cordal máis antigo dos tres. Este érguese a máis de 6.000 metros de altitude e comprende as cimas máis altas do mundo, das que as tres primeiras correponden ao Everest, o K2 e o Kanchenjunga.

O Himalaia cobre a maior parte de Nepal e Bután e ocupa case por enteiro o estado paquistaní de Balistan e os estados federais indios seguintes: Jammu, Kashmir (Cachemira), Himachal Pradesh, Uttaranchal, Sikkim e Arunachal Pradesh. O Himalaia cobre tamén unha pequena parte do sueste do Tíbet, máis a maior parte deste país, formado polo altiplano tibetano, non forma parte do Himalaia.

Paisaxe[editar | editar a fonte]

Recursos naturais[editar | editar a fonte]

Clima[editar | editar a fonte]

En altura, e a grandes trazos, no Himalaia pódese falar de tres tipos de clima: o pé das montañas é o dominio do clima tropical monzónico. En altura a uns 3.000 metros reina un clima temperado monzónico e a partir dos 5.000 a 6.000 metros é un dominio do clima alpino ou mesmo do polar.

A banda meridional da cadea do Himalaia está rexida polos monzóns. O monzón de verán é un vento que procede do suroeste, que se carga de humidade e solta a súa chuvia sobre o oocidente do subcontinente indio e a zona sur do Himalaia, onde descarga por convección, ao ascender nas ladeiras montañosas. O monzón de inverno é un vento terral que procede do nordeste do continente; é un vento seco, árido.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

A fauna e a flora do Himalaia varía co clima, as precipitacións, a altitude e o chan. O clima tropical predomina ao pé das montañas, mentres a neve perpetua caracterizan aos cumes máis altos. A alta precipitación anual aumenta de oeste a leste sobre a fronte da cadea. Esta variedade de clima, altitude, precipitacións e de chan xera comunidades de plantas, animais e ecosistemas moi diversos.

Os bosques das chairas[editar | editar a fonte]

Na chaira Indo-ganxeática na base das montañas, chaira aluvial drenada polos sistemas fluviais dos ríos Indo, Ganxes e Brahmaputra, a vexetación varía de oeste a leste segundo as precipitacións. A rexión do noroeste caracterízase por bosques xerófilos espiñentos que ocupan as chairas de Paquistán e o Punjab indio. Máis ao leste, os bosques húmidos de folla caduca bordean as cabeceiras do Ganxes en Uttar Pradesh e os do curso inferior ocupan o estado de Bihar e o oeste de Bengala. Estes bosques están suxeitos aos ventos monzóns, e os de folla caduca perden as súas follas durante a estación seca. Os bosques tropicais, debido ao ambiente máis húmido do val do Brahmaputra, ocupan as chairas de Assam.

O cinto de Terai[editar | editar a fonte]

Por encima das chairas aluviais esténdese a rexión de Terai, pantanos estacionais formados por chans areosos e arxilosos. As choivas son máis abundantes do que o son nas chairas, e as correntes dos ríos que descenden desde o Himalaia desaceleranse na zona de Terai, onde se desbordan, e depositan así un limo fértil durante o monzón, máis tarde baixan con menos caudal debido á estación seca. A capa freática da rexión de Terai está elevada, e a parte central do cinto de Terai está composta por sabanas e pastizais da rexión de Terai-Duar, mosaico de pradeiras e estepas, de bosques sempre verdes de folla ancha e algunhas das maiores zonas de pradeiras do mundo. Os pastizais do cinto de Terai son o fogar do rinoceronte indio (Rhinoceros unicornis).

O cinto de Bhabhar[editar | editar a fonte]

Por encima do cinto de Terai atópase unha zona montañosa coñecida como o Bhabhar, onde o chan é poroso e rochoso, consistente nos restos de rochas das montañas superiores. O Bhabhar e a parte baixa das cadeas de Shivalik caracterízanse por ter un clima subtropical. Nesta zona subtropical predominan os piñeiros, principalmente o piñeiro chir (Pinus roxburghii), que ocupan o extremo occidental, e ocupando a parte central, os bosques temperados caducifolios, onde predomina a Shorea (Shorea robusta).

Os bosques de montaña[editar | editar a fonte]

A mediana altitude, os bosques tropicais dan paso a bosques de montaña de frondosas (ao oeste) e preto de Assam e Arunachal Pradesh. Por encima, sobre todo no leste, crecen os bosques de coníferas e frondosas.

Os arbustos e prados alpinos[editar | editar a fonte]

Nos cumes máis altos do Himalaia predomina a tundra. As pradeiras son o fogar do leopardo das neves (Panthera uncia), unha especie en perigo de extinción.

Os eixos de circulación[editar | editar a fonte]

O Himalaia en Yumesongdong en Sikkim, no val de Yumthang.

O terreo accidentado da cordilleira do Himalaia fai que haxa moi poucos camiños posibles para viaxar entre as montañas. As principais rutas son:

Demografía[editar | editar a fonte]

A superficie cuberta polo Himalaia abranxe uns 594.000 km2, que se estenden por oito países. Pero este enorme cordal forma parte dunha zona maior denominada Área do Hindu Kush-Himalaia, que comprende, entre outras rexións, as cadeas do Hindu Kush e o Pamir e as do Karakorum, estas últimas son unha prolongación do Himalaia por occidente. Este vasto conxunto montañosos acolle, nos inicios do século XXI, uns 140 millóns de persoas.

Picos importantes[editar | editar a fonte]

Superan os oito mil metros de altura os 14 seguintes:

Vista satelital da cordilleira.

Entre os que superan os sete mil metros:

Alpinistas e exploradores do Himalaia[editar | editar a fonte]

  • George Leigh Mallory (1886-1924), alpinista británico que tomou parte nas tres primeiras expedicións que se propoñían escalar o Everest, e probablemente o primeiro home que coroou o Monte Everest, faleceu no descenso.
  • Andrew Irvine (1902-1924), foi un montañista británico que tomou parte da "Terceira Expedición Británica" ao Monte Everest. Xunto con George Leigh Mallory probablemente coroou a cima do Everest, desapareceu xunto a Mallory no descenso.
  • Heinrich Harrer (1912 - 2006), alpinista austríaco, autor de Sieben Jahre in Tibet. Mein Leben am Hofe des Dalai Lama (Sete Anos no Tibet. A miña vida na corte do Dalai Lama).
  • Nazir Sabir, explorador de Paquistán, primeiro alpinista en escalar, unha tras outra, dúas montañas de máis de 8000 m de altitude (Broad Peak e Gasherbrum II).
  • Sir Edmund Hillary (1919-2008) explorador de Nova Zelandia e Tenzing Norgay (1914 - 1986) Sherpa nepalí que, formando equipo, foron os primeiros en chegar á cima do Everest en 1953.
  • Jerzy Kukuczka (1948 - 1989), escalador polaco, considerado un dos mellores escaladores de todos os tempos. Escalou os 14 cumes de máis de 8000 m de altitude máis rápido que ninguén e abriu 10 novas vías.
  • Reinhold Messner (nacido en 1944), alpinista italiano, considerado un dos mellores escaladores de todos os tempos. Foi o primeiro en escalar os 14 cumes de máis de 8000 m de altitude.
  • Yannick Seigneur (1941 - 2001), montañeiro e autor, entre os grandes do mundo do alpinismo. Primeiro francés que subiu tres 8000, logrou moitas primeiras escaladas no Himalaia, a parte occidental do Makalu, o primeiro de Tawesche, etc.
  • Harish Kapadia (nacido en 1945), alpinista e escritor.
  • Iñaki Ochoa de Olza Seguin (Pamplona, Navarra, 29 de maio de 1967 - Annapurna, Nepal, 23 de maio de 2008) foi un montañeiro español e guía de alta montaña que protagonizou máis de 200 expedicións ao Himalaia, escalando 12 oitomiles ao longo das devanditas expedicións.
  • Paulina Aulestia (Quito, Ecuador, 2 de decembro de 1967) tras dúas expedicións levadas a cabo no 2006 (alcanzou os 8000 metros) e o 2009 (alcanzou os 8600 metros), no ano 2013 convértese na primeira muller ecuatoriana en chegar ao cume do Everest polo lado norte de China, xunto cunha expedición suíza.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]