Olga Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olga Novo
Olga Novo en Poemaria 2019.jpg
Olga Novo diante do cartel de Poemaria 2019 Vigo. Cartel coa imaxe de Silvia Penas.
Nacemento29 de xaneiro de 1975
Lugar de nacementoVilarmao
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta, pintora, escritora e ensaísta
PremiosPremio da Crítica de poesía galega e Premio Nacional de Poesía
Na rede
Bitraga: 2925
editar datos en Wikidata ]

María Olga Novo Presa, nada en Vilarmao (A Pobra do Brollón) o 29 de xaneiro de 1975, é unha poeta e ensaísta galega, máis coñecida como Olga Novo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesora de bacharelato en varios institutos de Galicia, e despois de galego na Universidade da Alta Bretaña en Rennes,[1] e de literatura na Universidade Bretaña Sur, en Lorient.[2]

Como poeta, deuse a coñecer con tres poemarios: A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997) e A cousa vermella (2004). Tamén publicou un libro de arte compartido coa pintora Alexandra Domínguez e o poeta Xoán Abeleira, titulado Magnalia, e numerosos poemas en antoloxías, libros colectivos, revistas (Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Xistral), colaborou en Cadenos de vida e culturas, Moenia, Anuario de estudios galegos, Boletín Galego de Literatura, Ínsula, e xornais (El País, ABC).[3] A súa obra foi recollida en escolmas como La flama en el espejo (México, 1998), Mulher a fazer vento (Lisboa, 1998), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesía (Madrid, 2001), o Spain (Poetry from the Castilian, Catala, Basque and Galician languages) (Atlanta, 2003).[1]

Como estudosa da literatura, publicou os ensaios Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (Positivas, 1996), O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999), Uxío Novoneyra. Lingua loaira (Fundación Caixa Galicia, 2005), Erótica Medieval Galaica: leda m'and'eu (Toxosoutos, 2013) e No principio foi o pracer (2017, Unión Libre).

Formou parte dos comités de redacción das revistas Ólisbos, Animal e Valdeleite, e segue a facelo de Unión Libre desde a súa fundación.

Participou con estudos en congresos e revistas, onde analizou sobre todo as propostas conectadas co surrealismo, pois escribiu sobre o escritor André Breton, o cantautor Léo Ferré e o pintor Eugenio Granell, e coa temática erótica, como reflicte o seu ensaio Tratado da pel, publicado no monográfico Erotismos de Unión Libre (1999), por ela mesma coordinado. Ademais, interesouse por poetas en lingua portuguesa, como Fernando Pessoa e o surrealista brasileiro Sérgio Lima.

Desde 2010, a Casa da Cultura da Pobra do Brollón leva o seu nome.[4]

En 2019 publica Feliz idade, no que "tende unha mecha desde a xeración que a precedeu á que lle segue; entre o onte e o mañá da estirpe, alén do pasamento do pai e da nenez da filla".[5]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • El contradiscurso de las mujeres. Historia del proceso feminista, de Carmen Blanco (1997, Nigra).
  • Vidas imaginarias, de Marcel Schwob.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Olga Novo". www.barcelonareview.com (en castelán). Consultado o 11/3/2019. 
  2. "Unión libre - Cadernos de vida e culturas". www.unionlibre.org. Ediciós do Castro. Consultado o 11/3/2019. 
  3. "Ficha do autor". Biblioteca Virtual Galega. Consultado o 11/3/2019. 
  4. "Olga Novo afirma que leva con orgullo o seu pobo "guímaro" alá onde vai" El Progreso, 31/8/2010.
  5. "Feliz idade". www.kalandraka.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-10. 
  6. Novo, Olga (29 de marzo de 2019). “A literatura pertence ao dominio da cáscara estética da linguaxe, pero a vida está máis alá e máis dentro. A Poesía é Amor ou non é nada”. Praza Pública. Entrevista con Montse Dopico. Consultado o 1 de abril de 2019. 
  7. "Berta Dávila y Olga Novo, Premios de la Crítica 2019". La Voz de Galicia. 2020-09-27. Consultado o 2020-09-27. 
  8. "A galega Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-10-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]