Premio AELG de Tradución

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Premio AELG de Tradución foi un galardón entregado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ás mellores obras traducidas de cada ano. Os vencedores eran elixidos por medio das votacións dos socios da entidade. Se ben os premios da AELG se crearan xa en 1999[1] (sen distinción por xénero nin modalidade, senón só como recoñecemento ao mellor libro publicado no ano anterior[2]), esta modalidade concreta estableceuse en 2005 (con entrega a ano vencido en 2006) e mantívose até 2015, ano no que deixou de celebrarse tras a unión dos respectivos premios da Asociación Galega de Editoras, a AELG e a Federación de Librarías de Galicia, o que deu como resultado a Gala do Libro Galego, cuxa primeira edición aconteceu en 2016.

Premiados[editar | editar a fonte]

Edición Ano[3] Tradutor Obra Autor Editorial
Primeira 2006 Xesús González Gómez A estrela da mañá. Surrealismo e marxismo Michael Löwy Laiovento
Segunda 2007 Eva Almazán Brooklyn Follies Paul Auster Galaxia
Terceira 2008 Yolanda Vilarchao Poemas canónicos Kavafis Rinoceronte
Cuarta 2009 Gonzalo Navaza As flores do mal Charles Baudelaire Galaxia
Quinta 2010 Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos O museo da inocencia Orhan Pamuk Galaxia
Sexta 2011 Marga do Val Randea o alento Herta Müller Xerais
Sétima 2012 Ramón Gutiérrez Izquierdo Sonetos William Shakespeare Xerais
Oitava 2013 Darío Xohán Cabana Cancioneiro, seguido das rimas dispersas Francesco Petrarca Edicións da Curuxa
Novena 2014 Antón Vialle, Eva Almazán, María Alonso Seisdedos e Xavier Queipo Ulises James Joyce Galaxia
Décima 2015 Darío Xohán Cabana A divina comedia Dante Alighieri Edicións da Curuxa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Premios ALEG 2011.
  2. Premios AELG 2004.
  3. Refírese ao ano de entrega do premio; isto é, o libro foi publicado no ano precedente.