Rúa Reconquista de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°14′17″N 8°43′23″O / 42.238055555556, -8.7230555555556

Rúa Reconquista.

A rúa Reconquista é unha rúa da cidade olívica que debe o seu nome, dende maio de 1882, á conmemoración da expulsión do exército francés, o 28 de marzo de 1809, por parte dos vigueses. Liga a rúa Policarpo Sanz coa praza de Compostela.

Urbanismo[editar | editar a fonte]

É curta, duns 150 metros de largo e entre 13 e 15 metros de ancho. Inclinada e formada por catro mazás, dúas a cada lado. De sentido único ascendente para o tráfico rodado.

Placa no edificio onde viviu Plácido Castro.

Comeza na alameda da praza de Compostela, rúa Victoria. Na esquina dos pares está o edificio de Correos e Telégrafos, obra de 1920 de Manuel Gómez Román.[1] Na dos impares, no n.º 1, están as instalación nas que se fundou a Editorial Galaxia no ano 1951, edificio Iglesias Curty, do arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez.

Ascende cara ao sur, atravesando a rúa Marques de Valladares. Nunha desas esquinas álzase o edificio Banca Viñas Aranda, obra de 1941 de Antonio Palacios,[2] que logo sería sede do Banco de Vigo, posteriormente adquirido polo Banco Popular. Na outra o inmoble da Equitativa, proxectado en 1948 por Manuel Cabanyens y Mata.[3]

Remata na rúa Policarpo Sanz. Na esquina oeste, ocupando todo o quinteiro, érguese o Teatro García Barbón, de 1927, obra tamén de Palacios e sede do Centro Cultural Caixanova. Na leste atópase a Casa das Artes, sede da Fundación Laxeiro e o Arquivo Pacheco.

No número 11 desta rúa, viviu desterrado o escritor galego Plácido Castro,[4] «a voz que acadou o recoñecemento internacional de Galicia como nación».[5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Caixa do correo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]