Saltar ao contido

Avenida de Europa (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°12′47″N 8°45′54″O / 42.212954676266, -8.7650249969767

Avenida de Europa
Tipoloxíaavenida, bulevar
Localización
InicioCoia
FinAvenida de Samil
LocalidadeVigo

A avenida de Europa é unha vía urbana de Vigo que conecta a circunvalación da VG-20 a altura de Coia coa praia de Samil.

Historia[editar | editar a fonte]

A construción da avenida data do ano 1980, coa fin de unir o centro da cidade coas praias de Samil e o Vao como vía alternativa á avenida da Atlántida. Nesas datas, España viña de se adscribir á Unión Europea. É por iso que a avenida foi denominada como tal.

Antes da construción da avenida, a contorna era fundamentalmente rural, con vivendas unifamiliares e terreos de minifundio. Coa construción do vial construíronse as primeiras urbanizacións, que alternaban vivendas unifamiliares de tipo chalet con edificios. Ditas urbanizacións conlevaron a creación de rúas perpendiculares á avenida, os cales recibiro nomes de microtopónimos da contorna, como Cerqueiro, Pereiras ou Lourido.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Ao final da avenida, xunto á praia de Samil, sitúase a escultura O rapto de Europa, de Juan Oliveira Viéitez. A figura simboliza o rapto da princesa fenicia Europa, que segundo a mitoloxía grega raptou o deus Zeus transformado en touro. A princesa porta na man a bandeira da Unión Europea. [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O Rapto de Europa na páxina do concello.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]