Escritor, escritora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Escritor»)
Rosalía de Castro.

Un escritor ou unha escritora[1] é unha persoa que escribe textos en calquera tipo de documento, autor de obras escritas ou impresas que usa a escritura para difundir as súas ideas ou as alleas.

Considérase que os primeiros escritores dos que se sabe o nome foron Ptahhotep (séculos XXV a XXIV antes da Nosa Era, que escribiu en exipcio) e Enheduanna (séc. XXIII antes da Nosa Era, escritora en sumerio), sendo esta última o primeiro poeta do que existe rexistro do seu nome.[2]

Desde a alfabetización infantil, poderiamos considerar a calquera persoa escritora, pero o termo adoita restrinxirse ás persoas que desenvolven esta faceta como actividade profesional. De tódolos xeitos calquera persoa que desexe desenvolver esta profesión pode converterse en escritora aínda que o seu traballo non chegue a publicarse baixo ningún formato.

Algunhas das innumerables formas nas que esta actividade pode exercitarse como tal son poesía, prosa, ensaio, xornalismo, guión, ou calquera dos xéneros literarios existentes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escritor.
  2. Salami, Minna (2020). "Chapter 2: Of Liberation". Sensuous Knowledge: A Black Feminist Approach For Everyone. Amistad. ISBN 9780062877062.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]