Saltar ao contido

Avenida do Fragoso (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avenida do Fragoso
Localización
InicioPraza América
FinEstado de Balaídos
LocalidadeVigo
Código postal36210

A avenida do Fragoso é unha vía urbana da cidade de Vigo. Conecta a praza América co estadio de Balaídos, e foi conceptualizada para conectar ambas partes da cidade nos anos 70.

A avenida do Fragoso é unha das principais vías radiais que parten da praza América. Para dar solución ao problema de acceso ao estadio de Balaídos, onde xoga como local o Real Club Celta de Vigo, foi redactado un proxecto para construír un vial que conectase a praza América co campo de fútbol. Até entón, dito acceso realizábase mediante camiños desde as estradas de Vincios e Baiona.

O proxecto foi encargado polo concello ao enxañeiro Sáez-Díez, ante incluso que a redacción do Plan de Ordenación da Florida de 1958. Finalmente, nos anos 70 materializouse a construción do vial.[1]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

A avenida do Fragoso recibe o seu nome do val de Fragoso, o val que ocupa gran parte do concello vigués e a contorna natural do río Lagares. Anteriormente, o val estaba integrado por tres concellos: Vigo, Bouzas e Fragoso. Este último concello abranguía parroquias viguesas coma Coruxo, Cabral ou Alcabre, pero tamén outras coma a parroquia redondelana de Chapela.

  1. "A avenida materializouse nos anos 70.". Faro de Vigo. Consultado o 22 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]