Metro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Metro patrón en platino iridiado

O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983.)

A palabra metro provén do grego metron (μέτρον), e posteriormente foi convertida nunha medida en Francia coa palabra mètre.

Múltiplos e submúltiplos[editar | editar a fonte]

No Sistema Internacional de Unidades (SI) son usados múltiplos e divisións do metro:

1 metro equivale a
10−24 yottámetros 101 decímetros
10−21 zettámetros 102 centímetros
10−18 exámetros 103 milímetros
10−15 petámetros 106 micrómetros
10−12 terámetros 109 nanómetros
10−9 gigámetros 1010 ångströms
10−6 megámetros 1012 picómetros
10−4 miriámetros 1015 femtómetros
10−3 quilómetros 1018 attómetros
10−2 hectómetros 1021 zeptómetros
10−1 decámetros 1024 yoctómetros

Algunhas destas unidades son moi usuais mentres que outras se empregan máis raramente. Así, as distancias moi longas adoitan expresarse en quilómetros, unidades astronómicas (149.6 Gm), anos luz (10 Pm) ou parsecs (31 Pm), máis que en Mm, Gm, Tm, Pm, Em, Zm ou Ym; tamén é máis común empregar "30 cm", "30 m" e "300 m" que "3 dm", "3 dam" e "3 hm".

A palabra micra emprégase en ocasións en lugar de micrómetra (μm), mais esta práctica está oficialmente rexeitada.[1][2]

Equivalencias[editar | editar a fonte]

Historia da definición do metro[editar | editar a fonte]

Definición antiga do metro como a dezmillonésima parte da metade dun meridiano terrestre.

Durante toda a historia leváronse a cabo intentos de unificación das distintas medidas co obxecto de simplificar os intercambios, facilitar o comercio e o cobro xusto dos impostos. Na Revolución Francesa, xunto con outros desafíos considerados necesarios para os novos tempos, nomeáronse comisións de científicos para uniformar os pesos e as medidas, entre os que está a lonxitude. A tarefa foi ardua e complexa. Considerouse empregar como padrón a lonxitudo do péndulo nun segundo a unha latitude de 45°, pero acabou descartándose por non ser un modelo completamente obxectivo.[3] Finalmente acordouse medir un arco de meridiano para establecer sobre el e polo tanto sobre a propia Terra o padrón do metro. Os encargados de facer esta medida foron Jean Baptiste Joseph Delambre e Pierre Méchain, que a estableceron entre 1791 e 1798 mediante un sistema de triangulación dende Dunkerque a Barcelona.[4]

Inicialmente esta unidade de lonxitude foi creada en 1792 pola Academia de Ciencias de Francia e definida como a dezmillonésima parte da distancia que separa o polo da liña do ecuador, a través da superficie terrestre. Se este valor se expresase de xeito análogo a como se define a milla náutica, corresponderíase coa lonxitude de meridiano terrestre que forma un arco de 1/10 de segundo de grao centesimal.

O 28 de setembro de 1889 a Comisión Internacional de Pesos e Medidas adoptou novos prototipos para o metros e, despois, para o quilogramo, que se materializaron nun metro padrón de platino e iridio depositado en cofres situados nos subterráneos do pavillón de Breteuil en Sèvres, Oficina de Pesos e Medidas, nos arredores de París.[4]

A XI Conferencia de Pesos e Medidas adoptou unha nova definición de metro en 1960: 1. 650. 763,73 veces a lonxitude de onda no baleiro da radiación laranxa do átomo de cripton 86. A precisión era cincuenta veces superior á do padrón de 1889.[4]

A definición dada na XVII Conferencia Xeral da Oficina Internacional de Pesas e Medidas, vixente dende 1983, é a seguinte:[4]

Un metro é a distancia que percorre a luz no baleiro durante un intervalo de 1/299 792 458 de segundo.[5]

A precisión desta definición é trinta veces superior á do prototipo de 1960.[4]

Liña de tempo[editar | editar a fonte]

A liña do tempo amósanos como foi mudando a definición do metro en distintas épocas:
  • 21 de outubro de 1983: defínese o metro coma a distancia percorrida pola luz no baleiro durante 1/299 792 458 segundos.
  • 20 de outubro de 1960: a XI Conferencia Xeral de Pesas e Medidas define o metro como 1 650 763,73 oscilacións no baleiro da onda da radiación emitida polo salto cuántico entre 2p10 e 5d5 dun átomo de 86cripton.
  • 6 de outubro de 1927: a VII Conferencia Xeral de Pesas e Medidas define o metro como a distancia entre as dúas marcas do padrón de platino cun 10% de iridio a 0 °C e 1 atmosfera.
  • 28 de setembro de 1889: a I Conferencia Xeral de Pesas e Medidas define o metro como a distancia entre as dúas marcas do padrón de aliaxe de platino cun 10 % de iridio a 0 °C.
  • 10 de decembro de 1799: defínese o metro cun padrón de prata (o primeiro padrón, construído o 23 de xuño dese mesmo ano).
  • 1795: créase un padrón provisional de latón.
  • 30 de marzo de 1791: defínese o metro como a dez millonésima parte dun meridiano dentro dun cuadrante (un cuarto da circunferencia polar da terra).
  • 8 de maio de 1790: defínese o metro coa distancia percorrida por un péndulo determinado que ten un hemiperíodo dun segundo.

Unidades derivadas[editar | editar a fonte]

O metro dá orixe a diversas unidades compostas ou derivadas, como:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Taylor & Thompson 2003, p. 11.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para micra.
  3. Estrada, H. Ruiz, J. Triana, J. El origen del metro y la confianza en la matemática, 2011, ISSN 0120-6788, págs. 89-101.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Denis Guedj, El metro del mundo, Anagrama, Barcelona, 2000, ISBN 84-339-7018-6, págs. 330-331
  5. A BIPM non fai distinción entre baleiro cuántico e espazo baleiro. Resolution 1 of the 17th CGPM (CGPM, 1984), recuperado da base de datos da BIPM (BIPM, n.d.) o 24 de agosto de 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Metro Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]