Saltar ao contido

Porta do Sol de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Porta do Sol (Vigo)»)
porta do Sol
Porta do Sol.
Tipoloxíapraza
Localización
InicioElduayen
FinPríncipe

Coordenadas: 42°14′17″N 8°43′31″O / 42.237924825652, -8.7253072007023 A porta do Sol é unha praza situada na cidade de Vigo. Recibe ese nome por estar localizada nunha das sete portas de entrada á antiga cidade amurallada, concretamenta á orientada cara o nacemento do Sol.

A porta do Sol é unha praza peonil, lixeiramente inclinada cara o leste, e que comunica coa praza da Constitución, a praza da Princesa e as rúas Príncipe, Policarpo Sanz, Elduayen, Doutor Cadaval, Segunda Repíublica e Carral.

A praza é un lugar icónico da cidade. Foi testemula de grandes acontecementos de interese que tiveron lugar en Vigo, como a inauguración do alumeado de gas en 1789 ou as sepulturas de Ricardo Mella e García Barbón.[1] Na praza tamén se proclamou na cidade a Segunda República. É lugar de celebración de actos e concertos. Nela celébrase anualmente o acto de inauguración do alumeado de Nadal.

A porta do Sol é considerada o quilómetro cero da cidade.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Plano da cidade en 1856, onde se pode observar a muralla.

A porta do Sol recibe dito nome por ser o lugar onde se localizaba unha das sete entradas ou "portas" da cidade, cando esta permanecía amurallada antes do seu derribamento definitivo en 1862. O nome de "porta do Sol" vén da orientación de dita entrada cara o leste, onde nacía o Sol.

O recinto amurallado foi construído no ano 1656 e financiado pola cidadanía viguese o o rei Filipe IV. A muralla contaba con sete portas de entrada distribuídas por toda a muralla.

Primeira remodelación[editar | editar a fonte]

A finales do século XIX, realizouse unha primeira remodelación coa creación dun novo vial que conectase a porta do Sol co paseo de Afonso sen ter que arrodear a praza da Constitución anexa. Así, esta actuación permitiu converter unha rúa nun conato da praza que é na actualidade. Dita actuación foi liderada polo alcalde que daquela gobernaba a cidade, Manuel Bárcena Franco.

O Sereo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: O Sereo.

A escultura do Sereo é unha figura antropomorfa construída e conceptualizada polo arquitecto cambadés Francisco Leiro no ano 1991. Eríxese no centro da praza e ten unha altura de 11 metros. O nome que o autor lle puxo a obra é Home Peixe.[3] É unha escultura que está influenciada polo León de San Marcos de Venecia.

Segunda remodelación[editar | editar a fonte]

Unha segunda remodelación máis contemporánea permitiu a prácticamente completa peonalización da praza. Dita actuación aínda está a completarse, e inclue un túnel que comunica a rúa de Policarpo Sanz con Torrecedeira.

Edificios singulares[editar | editar a fonte]

Edificio Simeón e escultura do Sereo.
  • Edificio Simeón, un dos principais baluartes do modernismo vigués e influenciado pola arquitectura do francés Gustave Eiffel. O arquitecto do efificio é Michel Pacewicz.
  • O Sereo, escultura do galego Francisco Leiro.
  • Edificio Banco de Vigo, que posteriormente pertenceu ao Banco Pastor e ao Santander. Construído no ano 1923 e deseñado por Manuel Gómez Román.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Porta do Sol de Vigo cumpre 365 anos: esta é a súa historia.". Atlántico Diario. Consultado o 30 de xuño de 2024. 
  2. "Porta do Sol". Concello de Vigo. Consultado o 30 de xuño de 2024. 
  3. «"Tempo" de Leiro en el campus» Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine.: ""Se llama Sireno porque la gente así lo decidió al verla pero yo no le puse ese nombre sino que le llamé Home Peixe…"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]