Caixa do correo
Unha caixa do correo é unha caixa cunha fenda onde se deposita o correo para que se curse a destino, normalmente o seu deseño e colocación é competencia da autoridade postal de cada país, en España son de cor amarela. Tamén se denomina caixa do correo ás caixas que se colocan nos edificios para os veciños recolleren o seu correo, na maioría dos países para que as caixas do correo dun edificio novo poidan recibir teñen que recibir autorización do xefe de repartimento local.
A primeira caixa do correo instalouse no pazo do Dux de Venecia e recibía o nome de buco (burato) pero non tiña a función de distribuír correo xa que nel se recollían queixas ou suxestións. Nalgunhas cidades alemás instaláronse caixas do correo a fins do século XVI pero foi en Francia onde se popularizou ao mandar o rei Lois XIV en 1653 instalar 15 caixas en diferentes lugares de París para recoller o correo.