Rúa Jenaro de la Fuente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°13′56″N 8°42′13″O / 42.23211373903, -8.7036492526506

Rúa Jenaro de la Fuente
Dimensións
Formato2 carrís en cada sentido
Localización
InicioRúa Travesía de Vigo
FinRúa de Aragón

A rúa Jenaro de la Fuente é unha rúa situada en Vigo. Ten unha lonxitude de 400 metros e dous carrís en cada sentido. Ten a súa orixe nunha rotonda que a comunica coa Travesía de Vigo, e remata noutra rotonda que deriva na rúa Aragón. Leva o nome de Jenaro de la Fuente Domínguez (1851-1922), arquitecto valisoletano afincado en Vigo, cidade onde desenvolveu a meirande parte da súa actividade profesional.

En 2010 a rúa foi obxecto dunha humanización, ampliáronse as beirarrúas e construíuse un aparcadoiro subterráneo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]