Saltar ao contido

Reconquista de Vigo

Reconquista de Vigo
Guerra da Independencia Española Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Resultado
Expulsión dos franceses de Vigo
Datas
 Data
28 de marzo de 1809 Editar o valor en Wikidata
Implicados
Líderes
España Cachamuíña
Vigo Vázquez Varela
España Pablo Morillo
Portugal Juan Almeida
Reino Unido J. Coutts Crawford
Francia J. Antonio Chalot[1]
Forzas
ca. 6.000 homes ca. 1.750 homes
Baixas
Case 30 mortos Máis de 100 mortos
Localización
 Localización
 País
 Coordenadas
Dimensións
Duración2 h Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Chámase Reconquista de Vigo ao alzamento popular que, no contexto da Guerra da Independencia española, ocorreu en Vigo o 28 de marzo de 1809, cando as tropas do exército do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte saíron da vila. Os vigueses, encabezados polos militares Pablo Morillo e Bernardo González “Cachamuíña” conseguiron expulsar os galos da vila, converténdose na primeira de Europa en facelo. Por estes feitos, o rei Fernando VII outorgou en 1810 o título de cidade “fiel, leal e valorosa”.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Batalla de Elviña.

O 3 de xaneiro de 1809 entran as tropas francesas en Galicia, sen apenas resistencia. O exército inglés dirixido por John Moore embárcase para Inglaterra. O exército do Marqués de la Romana agóchase en Ourense. Os franceses entran na Coruña o 18 de xaneiro, en Santiago de Compostela o día 20, o 21 en Pontevedra, o 26 en Ferrol e o 31 en Vigo.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O 27 de marzo de 1809 os galegos ocupados no asedio de Vigo proclaman a Morillo coronel. Este rápido ascenso débese á perentoria necesidade de ter un xefe único deste rango, condición que exixía o coronel francés Jacobo Antonio Chalot para entregarse. En Vigo intimida ao comandante francés e mantén conversacións co capitán de fragata británico, comandante encargado do bloqueo marítimo na ría de Vigo. O 28 de marzo os homes ao mando de Morillo atacaron as portas de Vigo e, en dúas horas, lograron que os franceses entregasen a cidade. Tras a capitulación, Chalot, 45 dos seus oficiais e máis de 1.200 soldados quedaron prisioneiros; tamén quedaron en poder de Morillo os pertrechos e a tesouraría gala, que ascendía a uns 150.000 francos-ouro.[3]

O nome de dúas rúas da cidade conmemoran os feitos, a Rúa Victoria e a Rúa Reconquista[4] e un monumento aos heroes da Reconquista, obra de Julio González-Pola y García,[5] foi inaugurado na Praza de España en 1947[6] e, máis tarde, trasladado á Praza da Independencia.[7]

Tódolos anos celébrase a Festa da Reconquista,[8] festivo local non laborable, con representacións e outras actividades na rúa, música popular, obradoiros e postos de comida e artesanía a xeito de feira.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Jean Rene Aymes (14/3/2009). "Creo que Chalot está sobrevalorado por los vigueses". Atlántico Diario (en castelán).
  2. Barreiro 1991, p. 690.
  3. Morillo y Morillo, Pablo 1808-1814.org. Consultada o 19/05/2014 (en castelán).
  4. Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo: Ediciones Cardeñoso. pp. 162 e 170. ISBN 84-87379-47-8.
  5. "Julio González-Pola y García" Diccionario Biográfico Español, RAH.
  6. "Cuatro décadas para lograr el monumento a la Reconquista". La Voz de Galicia (en castelán). 10/3/2007.
  7. Lamas, Jorge (18/8/2010). "El monumento de nunca acabar". La Voz de Galicia (en castelán).
  8. Turismo de Galicia Xunta de Galicia.
  9. Giráldez Lomba, Antonio (13/2/2009). "El liderazgo del alcalde de Bouzas". Faro de Vigo (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Multimedia externa
Imaxes
Infografía de Alexandra Bast, 2017 (en castelán).
Vídeos
Reconquista de Vigo 1809-2009 AV Media.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]