Saltar ao contido

Avenida da Gran Vía (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avenida da Gran Vía
A avenida da Gran Vía
Localización
InicioRúa de Urzaiz
FinPraza de América

A avenida da Gran Vía é unha avenida situada na cidade de Vigo, no concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo.

Situación

[editar | editar a fonte]

Está delimitada pola praza de América, nas Travesas, e pola rúa de Urzaiz. É, pois, unha das arterias da cidade de Vigo.

Comezouse a planificar en 1910 pola corporación municipal, da man de Ramiro Pascual, quen presentou un proxecto de ensanche, que acabou por non se levar a cabo.[1] Durante esta etapa era coñecida como avenida de Blasco Ibáñez.[2] En 1936 soamente tiña uns dez edificios.[1] Dende ese ano chamouse Gran Vía del Generalísimo.[1] Entre 1939 e 1942 levouse a cabo o proxecto de Manuel Cominges, promovido polo alcalde Luis Suárez-Llanos, que consistía na súa prolongación ata a Praza de España, no lugar coñecido como O Couto.[1] A expropiación de terreos demorou o proceso. A segunda parte, dende a praza de España ata a praza de América, pasando polo lugar de Pousafoles, concluíuse en 1945.[1] A idea era continuar ata Samil, pero nas Travesas estaban as cocheiras dos tranvías.[3] A finalización do proxecto, pasando por Coia, chegaría a finais da década de 1960.[3] Este tramo foi chamado avenida de Castelao e avenida de Europa.[3] O 30 de abril de 1981, sendo alcalde Manoel Soto, pasou a denominarse Avenida da Gran Vía.[4]



  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "La Gran Vía de Vigo cumple 65 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-08-25. Consultado o 2023-10-31. 
  2. "Calles franquistas de Vigo - VigoÉ" (en castelán). 2021-07-07. Consultado o 2023-10-31. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Atlántico (2010-05-02). "Gran Vía cumple 70 años... inacabada". Atlántico (en castelán). Consultado o 2023-10-31. 
  4. "Cuando Vigo se adelantó a la ley de memoria histórica". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-03-28. Consultado o 2023-10-31.