Saltar ao contido

Rúa de Urzaiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°14′03″N 8°42′58″O / 42.234272659764, -8.7160107938561

Rúa de Urzaiz
Último tramo da rúa Urzaiz. Ao fondo, a rúa peonil do Príncipe
Localización
LocalidadeVigo

A rúa de Urzaiz[1] ou Urzáiz é unha vía urbana da cidade de Vigo. Vai desde a avenida de Ramón Nieto até o farol de Príncipe, onde converxen as rúas de Príncipe e Colón. Ten unha lonxitude aproximada duns 2 km.

A rúa de Urzaiz recibiu diferentes denominacións ao longo da súa historia. En 1906 púxoselle o nome do xornalista, avogado e deputado conservador Ángel Urzaiz, quen colaborou de xeito notábel no desenvolvemento da cidade. Malia ser de El Puerto de Santa María, presentouse en varias ocasións coma deputado por Vigo, ademais de desenvolver outros cargos como o de Ministro de Facenda durante o reinado de Afonso XIII. Respondía a unha ideoloxía de corte liberal conservadora, e foi relevante para o empresariado vigués, especialmente para a industria conserveira. Tamén foi responsábel da anexión do Concello de Bouzas.

En 1931 a vía renomeouse como rúa García Hernández, na honra do militar insurrecto republicano da campaña de Jaca, e que participou na sublevación monárquica na campaña do Capitán Galán.[2] Tras a guerra civil española gran parte do nomenclátor do rueiro estatal mudou para darlles cabida a militares e persoeiros franquistas. Así, a rúa de Urzaiz recibiu, até o ano 1981, o nome do fundador da Falange Española de las JONS, José Antonio Primo de Rivera. Xa tras a restauración democrática retomou o nome de Ángel Urzaiz]].

Edificios singulares

[editar | editar a fonte]
Igrexa das Siervas de Jesús, na rúa de Urzaiz.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Urzaiz ou Urzáiz?". El Español. Consultado o 21 de xullo de 2024. 
  2. "Urzaiz cumple 40anos, e Areal...". Atlántico Diario. Consultado o 21 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]