O monumento Os cabalos é unha estatua de bronce situada no centro da praza. Foi deseñado por Juan Oliveira Viéitez e ergueito en 1991. A súa contrución veu substituír a antiga fonte circular con chafarices de diferentes cores. Anteriormente a esta fonte, no centro da glorieta erguíase o pétreo Monumento aos heroes da Reconquista, obra do escultor Julio González Pola, que hoxe preside a peonil Praza da Independencia da mesma cidade.
A praza de España apenas ten edificios malia ser unha das prazas máis extensas da cidade. Entre as contrucións destacadas, atópase unha das sedes administrativas do Celta de Vigo.