Jorge Amado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jorge Amado
Jorge Amado - 1997.jpg e Jorge Amado, 1972.tif
Jorge Amado.
Nacemento10 de agosto de 1912
LugarItabuna, Baía, Brasil
Falecemento6 de agosto de 2001
LugarSalvador, Baía
NacionalidadeBrasil
Relixiónateísmo
Alma máterFaculdade de Direito da Universidade Federal do Rio de Janeiro
Ocupaciónescritor, xornalista, poeta, novelista, avogado, escritor de ciencia ficción e político
CónxuxeZélia Gattai
Xénerosmodernismo
Coñecido/a porGabriela, Cravo e Canela, Dona Flor e Seus Dois Maridos, Tieta do Agreste, Capitães da Areia e Teresa Batista Cansada de Guerra
PremiosPremio Camões, Prix mondial Cino Del Duca, Prêmio Lenin da Paz, International Stalin Prize for Peace, Premio Nonino e Ordem do Mérito Cultural
Jorge Amado Signature.jpg
editar datos en Wikidata ]

Jorge Leal Amado de Faria, coñecido como Jorge Amado, nado en Itabuna (Baía) o 10 de agosto de 1912 e finado en Salvador o 6 de agosto de 2001, foi un escritor brasileiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na Facenda Auricídia, na cidade de Itabuna, situada ao sur do estado de Baía. Fillo do dono da facenda, cando tiña 1 ano de idade, a súa familia estableceuse na cidade de Ilhéus, litoral de Bahia, onde Jorge pasou a súa infancia. Fixo os estudos secundarios na cidade de Salvador, capital do Estado. Neste período, comezou a traballar en xornais e a participar da vida literaria, sendo un dos fundadores da chamada Academia dos Rebeldes.

Jorge publicou a súa primeira novela, chamada O País do Carnaval en 1931, cando tiña 18 anos. Casou con Matilde Garcia Rosa dous anos despois, e con ela tivo unha filla, Lila, que naceu en 1933. Neste ano, publicou a súa segunda novela, Cacau.

Graduouse na Facultade Nacional de Dereito (en portugués, Faculdade Nacional de Direito) na cidade do Río de Xaneiro en 1935. Militante comunista, foi obrigado a exiliarse na Arxentina e Uruguai entre os anos 1941 e 1942, período en que fixo unha viaxe por América Latina. Ao regresar a Brasil, separouse de Matilde Garcia Rosa.

No ano 1945, foi elixido membro da Asemblea Nacional Constituínte, polo Partido Comunista Brasileiro (PCB), sendo o deputado máis votado do estado de São Paulo. Como deputado, foi o autor da lei que asegura a liberdade de culto relixioso. En leste mesmo ano, cásase coa tamén escritora Zélia Gattai.

En 1947, ano en que naceu João Jorge, primeiro fillo con Zélia, o seu partido PCB foi declarado ilegal, e os seus membros foron perseguidos e arrestados. Jorge tivo que exiliarse en Francia, onde se quedou ata o ano 1950, cando foi expulsado. A súa primeira filla, Lila, morreu en 1949. Desde 1950 ata 1952, Amado residiu en Checoslovaquia, onde naceu a súa filla Paloma.

Ao volver a Brasil en 1955, Jorge Amado distanciouse da militancia política, pero sen deixar o Partido Comunista. Dedicouse, desde entón, integralmente á literatura. Foi electo, o 6 de abril de 1961 para a Academia Brasileira de Letras. Recibiu o título de Doutor Honoris Causa por diversas universidades. Tamén recibiu o título de Obá de Xangô na relixión Candomblé.

A súa obra foi adaptada ao cine, ao teatro e á televisión, e tamén foi tema de varios traballos de escolas de samba no Carnaval brasileiro. Os seus libros están traducidos a 49 idiomas e publicados en 55 países. Existen tamén publicacións en Braille, e cintas de son gravadas para cegos.

En 1987, foi inaugurada no Largo do Pelourinho, situado na cidade de Salvador, Bahía, a Fundación Casa de Jorge Amado, que abriga e preserva o seu acervo para investigadores. A fundación tamén axuda o desenvolvemento de actividades culturais no estado de Bahía.

Jorge Amado morreu na cidade de Salvador o 6 de agosto de 2001. Foi cremado e as súas cinzas foron enterradas no xardín da súa casa o día 10 de agosto, cando cumpriría 89 anos.

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • O país do Carnaval, 1930
  • Cacau, 1933
  • Suor, 1934
  • Jubiabá, 1935
  • Mar Morto (libro)|Mar Morto, 1936
  • Capitães da areia, 1937
  • Terras do Sem-Fim, 1943
  • São Jorge dos Ilhéus, 1944
  • Seara vermelha, 1946
  • Os subterrâneos da liberdade, 1954
  • Gabriela, cravo e canela1958
  • A morte e a morte de Quincas Berro d'Água, 1961
  • Os velhos marinheiros ou o capitão de longo curso, 1961
  • Os pastores da noite, 1964
  • O Compadre de Ogum, 1964
  • Dona Flor e Seus Dois Maridos, 1966
  • Tenda dos milagres, 1969
  • Teresa Batista cansada de guerra, 1972
  • Tieta do Agreste, 1977
  • Farda, fardão, camisola de dormir, 1979
  • Do recente milagre dos pássaros, 1979
  • Tocaia grande, 1984
  • O sumiço da santa, 1988
  • A descoberta da América pelos turcos, 1994
  • O milagre dos pássaros, fábula, 1997

Literatura infantil[editar | editar a fonte]

  • O gato gaiado e a andoriña señá, 1976.
  • A bola e o goleiro, 1984.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • A estrada do mar, poesía, 1938.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • O amor do soldado, 1947.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • ABC de Castro Alves, biografía, 1941.
  • O cavaleiro da esperança, biografía, 1942.
  • Bahia de Todos os Santos, guía, 1945.
  • O mundo da paz, viaxes, 1951.
  • O menino grapiúna, memorias, 1982.
  • Navegação de cabotagem, memorias, (992.
  • Hora da Guerra, crónicas, 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]