Luis Rodríguez de Viguri
Luis Rodríguez de Viguri | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de outubro de 1881 |
Santiago de Compostela | |
Falecemento | 12 de decembro de 1945 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e avogado |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luis Rodríguez de Viguri Seoane, nado en Santiago de Compostela o 16 de outubro de 1881 e finado en Madrid o 12 de decembro de 1945, foi un avogado, diplomático e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito, pertenceu ao Corpo Xurídico Militar e á carreira consular. Iniciou a súa carreira política no Partido Conservador como adherido a Augusto González Besada[1], obtendo un escano de deputado por Lugo nas sucesivas eleccións que se celebraron entre 1918 e 1923. Foi Subsecretario de Ministerio de Abastecementos (1919) e Subsecretario da Presidencia (1921).
Foi ministro de Fomento entre o 4 e o 7 de decembro de 1922 nun goberno que presidiu Sánchez Guerra, e ministro de Economía Nacional ao finalizar a ditadura de Primo de Rivera entre o 20 de agosto de 1930 e o 18 de febreiro de 1931 nun gabinete presidido por Dámaso Berenguer.

Durante a Segunda República achegouse aos agraristas, e obtivo un escano pola provincia de Lugo nas eleccións xerais de 1933 como independente de dereitas e nas eleccións xerais de 1936 polo Partido Agrario Español. Entre 1934 e 1936 foi tamén presidente da Real Sociedade Xeográfica de España.
Predecesor: Manuel Argüelles Argüelles |
Ministro de Fomento 4 ao 7 de decembro de 1922 |
Sucesor: Rafael Gasset Chinchilla |
Predecesor: Sebastián Calero Palero |
Ministro de Economía Nacional 20 de agosto de 1930 - 18 de febreiro de 1931 |
Sucesor: Julio Wais San Martín |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Vallejo Pousada, Rafael (2005). Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 163. ISBN 84-8457-255-2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luis Rodríguez de Viguri ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-54). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.