María Rosa Lojo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Rosa Lojo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1954 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultad de Filosofía y Letras de la Universidad de Buenos Aires (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmariarosalojo.com.ar Editar o valor em Wikidata

María Rosa Lojo, nada en Buenos Aires en 1954, é unha recoñecida escritora e investigadora arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Buenos Aires, é filla de españois. O pai, un republicano de Galicia, exiliouse na Arxentina despois da Guerra civil española.[1] Vive desde os cinco anos na cidade de Castelar, ao oeste do Grande Bos Aires.

Doutorouse en Filosofía e Letras (con orientación en Letras) pola Universidade de Buenos Aires[1] coa tese titulada La ambivalencia simbólica en la narrativa de Ernesto Sabato.[2]​ Foi investigadora principal do CONICET, directora de proxectos de investigación nacionais e internacionais, e docente de doutoramento na Universidade bonaerense do Salvador.[1]​ Foi directora académica do CECLA (Centro de Estudios Críticos de Literatura Argentina), na Facultad de Filosofía y Letras y Estudios Orientales da mesma Universidade. Foi directora xeral da Colección EALA (Ediciones Académicas de Literatura Argentina), séculos XIX e XX, da Editorial Corregidor, e da Colección La vida en las Pampas[3] (teses e ensaios sobre literatura arxentina) da mesma editorial.

Contribuíu con notas e textos de ficción en revistas e suplementos dos principais diarios arxentinos: en La Nación, en Revista Ñ do diario Clarín e Radar Libros de Página/12,​ entre outros. Ten ao seu cargo a coordinación do equipo internacional de investigadores que realiza la edición crítica de Sobre héroes y tumbas para a Colección Arquivos da UNESCO.[4]

Foi convidada como representante da Arxentina a feiras e congresos internacionais, e participou como xurado en concursos literarios.​[5] Desde 2015 é membro correspondente da Academia Norteamericana da Lingua Española[6] e desde 2017 pertence ao consello de administración da Fundación Sur.

Relación con Galicia[editar | editar a fonte]

Segundo a RAG: a súa é unha voz profundamente vencellada a Galicia. A emigración e o exilio son constantes por igual nos seus textos autobiográficos e de ficción e nos ensaios de investigación, á procura da restauración do legado galego no imaxinario arxentino como imprescindible elemento fundador da súa nacionalidade. Con este obxectivo desenvolve tamén unha tarefa de divulgación constante entre a colectividade galega en Arxentina e en foros especializados internacionais.[7]

Na súa literatura exerceron influencia as lecturas de Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro, así como os relatos orais do pai. Unha pegada galega aparece xa na súa primeira novela, Canción perdida en Buenos Aires al Oeste (1987) e na última, Solo queda saltar (2018), pasando por Finisterre (en galego A fin da terra, 2006), Árbol de familia (2010) e Todos éramos hijos (2014). Tamén destaca o álbum ilustrado O libro das Seniguais e do único Senigual, publicado en 2010 en galego e en 2016 castelán.[7]

En decembro de 2019 foi nomeada Membro de Honra da Real Academia Galega.[8]

"Galicia fundoume, son a súa feitura" é o título dunha conversa con Ramón Nicolás na revista Grial en 2023.[9]

Obra de ficción[editar | editar a fonte]

A súa obra foi incluída en moitas escolmas[10] e traducida parcialmente ao inglés, italiano e francés. A novela Finisterre traduciuse ao tailandés[11]​ e ao galego.

Novela[12][editar | editar a fonte]

  • Canción perdida en Buenos Aires al Oeste, Editorial Torres Agüero, Buenos Aires, 1987.
  • La pasión de los nómades, Editorial Atlántida, Colección Voces del Plata, Buenos Aires, 1994.
  • La princesa federal, Editorial Planeta, Buenos Aires, 1998.
  • Una mujer de fin de siglo, Editorial Planeta, Buenos Aires, 1999.
  • Las Libres del Sur, Editorial Sudamericana, Buenos Aires, 2004.
  • Finisterre, Editorial Sudamericana, 2005. En galego: A fin da terra (2006), Galaxia.[13]
  • Árbol de familia, Editorial Sudamericana, Buenos Aires, 2010.
  • Todos éramos hijos, Editorial Sudamericana, Arxentina, 2014.
  • Solo queda saltar, Loqueleo. Santillana. Arxentina, 2018.

Relatos[14][editar | editar a fonte]

  • Marginales, Editorial Epsilon editora SRL, Arxentina, 1986.
  • Historias ocultas en la Recoleta, Editorial Extra Alfaguara, Arxentina, 2000.
  • Amores insólitos de nuestra Historia, Editorial Alfaguara, Arxentina, 2001.
  • Cuerpos resplandecientes. Santos populares argentinos, Editorial Sudamericana, Arxentina, 2007.
  • Bosque de ojos. Microficción y poemas en prosa, Editorial Sudamericana, Arxentina, 2011.
  • O Libro das Seniguais e do único Senigual, Editorial Galaxia, España, 2010. Textos de María Rosa Lojo e imaxes de Leonor Beuter.[15]
  • El libro de las Siniguales y del único Sinigual, Editorial Mar Maior, Arxentina, 2016.

Poesía[16][editar | editar a fonte]

  • Visiones, Editor Exposición Feria Internacional El libro – Del Autor al Lector, Arxentina, 1984.
  • Forma oculta del mundo, Ediciones Último Reino, Buenos Aires, 1991.
  • Esperan la mañana verde, Editorial El Francotirador Ediciones, Argentina, 1998.

Publicacións académicas​[editar | editar a fonte]

Libros de ensaio e investigación[editar | editar a fonte]

  • La ‘barbarie’ en la narrativa argentina (siglo XIX), Corregidor, Buenos Aires, 1994.
  • Sabato: en busca del original perdido, Corregidor, Buenos Aires, 1997.
  • Cuentistas argentinos de fin de siglo. Estudio Preliminar, Vinciguerra, Buenos Aires, 1997.
  • El símbolo: poéticas, teorías, metatextos, Universidad Nacional Autónoma de México, México, 1997.
  • Los ‘gallegos’ en el imaginario argentino. Literatura, sainete, prensa, María Rosa Lojo (dir), con Mariana Guidotti e Ruy Farías. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, España, 2008.
  • Identidad y narración en carne viva. Cuerpo, género y espacio en la novela argentina (1980-2010), María Rosa Lojo e Michele Soriano dirs., María Rosa Lojo e María Laura Pérez Gras eds. Ediciones Universidad del Salvador. Convenio entre Universidad del Salvador y Universidad de Tolosa II – Le Mirail, Buenos Aires, 2010.
  • Leopoldo Marechal y el canon del siglo XXI, María Rosa Lojo ed. e Enzo Cárcano coed. Pamplona, Ediciones Universidad de Navarra (EUNSA), 2017.

Edicións críticas[editar | editar a fonte]

  • Lucía Miranda (1860), de Eduarda Mansilla. Edición crítica, introdución e notas de María Rosa Lojo e equipo. Madrid/Fráncfort del Meno: Iberoamericana/Vervuert, Colección Teci, 2007.
  • Sobre héroes y tumbas, de Ernesto Sabato. María Rosa Lojo coordinadora. Estudo filolóxico-xenético e Nota filolóxica preliminar de Norma Carricaburo. Poitiers/ Córdoba; CRLA/Arquivos da UNESCO-Alción, 2008.
  • Diario de viaje a Oriente (1850-51) y otras crónicas del viaje oriental de Lucio V. Mansilla. Edición crítica, introdución e notas de María Rosa Lojo (dirección) e equipo. Buenos Aires: Corregidor, colección EALA, XIX e XX, 2012.

Bibliografía sobre a autora[editar | editar a fonte]

Escribíronse sobre a súa obra literaria varios libros monográficos de crítica, teses de licenciatura, de grao, de doutoramento, e máis de centos sesenta traballos académicos (artigos, palestras, capítulos de libro, aparecidos na Arxentina e noutros lugares.​

Teses de doutoramento[editar | editar a fonte]

  • Crespo, Marcela. Andar por los bordes. Entre la Historia y la Ficción: el exilio sin protagonistas de María Rosa Lojo. Lleida, España: Universidade de Lleida. Director: Francisco Tovar Blanco. 2008.[17]
  • Luesakul, Pasuree. La visión de “Los otros”: mujer, historia y poder en la narrativa de María Rosa Lojo.[18]​ Tese de doutoramento. Director: Francisca Noguerol Jiménez. Universidade de Salamanca. 2013.
  • Bucco Coelho, María Josele. Mobilidades Culturais na Contística Rioplatense de Autoría Feminina: Tracejando as Poéticas da Distancia em Josefina Plà e María Rosa Lojo. Porto Alegre. Universidade Federal do Río Grande do Sul. Instituto de Letras. Programa de Pos- Graduacao em Letras. Orientador: Zilá Bernd. 2015.[19]
  • Carneiro Hernandes, Luciana. Tecidos e Tessituras: representação do feminino em María Rosa Lojo. Tese de doutoramento – Faculdade de Ciências e Letras de Assis – Universidade Estadual Paulista. Orientador: Dr. Antonio Roberto Esteves. 2017.[20]
  • Marques, Gracielle. A voz das mulheres no romance histórico latino-americano: leituras comparadas de Desmundo, de Ana Miranda, e Finisterre, de María Rosa Lojo. Tese de doutoramento- Universidade Estadual Paulista. Orientador: Dr Antonio Roberto Esteves. 2016.[21]

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

  • 1984 - Primeiro Premio de Poesía da Feria del Libro de Buenos Aires.
  • 1985 - Premio do Fondo Nacional de las Artes en relato por Marginales.
  • 1986 - Premio do Fondo Nacional de las Artes en novela por Canción perdida en Buenos Aires al Oeste.
  • 1990 - Primeiro Premio de Poesía Alfredo A. Roggiano (para escritores da Provincia de Buenos Aires), polo libro Forma oculta del mundo.
  • 1990/1991 - Segundo Premio Municipal de Poesía de Buenos Aires.
  • 1991 - Bolsa de Creación Artística da Fundación Antorchas.
  • 1992 - Bolsa de Creación Artística do Fondo Nacional de las Artes.
  • 1996 - Primeiro Premio Municipal de Buenos Aires Eduardo Mallea, por La pasión de los nómades.
  • 1999 - Premio do Instituto Literario e Cultural Hispánico de California, pola súa traxectoria.
  • 2002 - Medalla de prata ao mérito, Lexislatura da Provincia de Buenos Aires.
  • 2004 - Premio Konex a las Letras (1994-2003).
  • 2019 - Premio Nacional Esteban Echeverría, pola súa obra narrativa.
  • 2009 - Medalla da Hispanidade, concedida pola Federación de Sociedades Españolas de Argentina.[22]
  • 2010 - Distinción Rosalía de Castro, da Asociación Herbas de Prata.
  • 2010 - Medalla do Bicentenario outorgada pola Cidade de Buenos Aires.
  • 2011 - Premio Saúl Taborda en Letras.
  • 2011 - Recoñecemento da EMAC (Escuela Municipal de Arte y Comunicación), Secretaría de Cultura, Municipalidad de Tres de Febrero, Buenos Aires, polo seu compromiso coa Arte e a Cultura.
  • 2013 - Recoñecemento do G.E.N. (Generación para un Encuentro Nacional) no Día da Muller.
  • 2013 - Orden del Buzón, do Museo Manoblanca de Pompeya.
  • 2014 - Premio Trayectoria, entregado por APA (Artistas Premiados Argentinos) na categoría Literatura.[23]
  • 2015 - Premio Phraya Anuman Rajadhon para a novela Finisterre, traducida por Pasuree Luesakul, como a mellor tradución do ano publicada en Tailandia.[24]
  • 2016 - Homenaxe á súa traxectoria como narradora histórica, pola súa achega aos repertorios dos narradores orais, realizado durante o 21° Encuentro Internacional de Narración Oral, 42° Feria Internacional del Libro de Buenos Aires.[25]
  • 2017 - Prix International de Poésie Antonio Viccaro 2017, Festival International de la Poésie de Trois-Rivieres, Canadá.[26]
  • 2018 - Gran Premio de Honor da Sociedad Argentina de Escritores.[27]
  • 2021 - Medalla Europea Homero de Poesía e Arte, que recibirá na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires de 2021.[28]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "La autora". María Rosa Lojo (en castelán). Consultado o 2019-12-22. 
  2. "CV académico María Rosa Lojo" (PDF). mariarosalojo.com.ar (en castelán). Consultado o 22/12/2019. 
  3. Escritores.org. "Lojo, María Rosa". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 2019-12-22. 
  4. "Maria Rosa Lojo" (en castelán). Consultado o 2019-12-22. 
  5. "Wayback Machine" (PDF). web.archive.org (en castelán). 2015-02-10. Archived from the original on 10 de febreiro de 2015. Consultado o 2019-12-22. 
  6. "Miembros". www.anle.us (en castelán). Consultado o 2019-12-22. 
  7. 7,0 7,1 "O Pleno da Real Academia Galega nomea a María Rosa Lojo membro de honra - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-12-22. 
  8. Abascal, María. "A escritora María Rosa Lojo, elixida membro de honra polo Pleno da RAG". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-22. 
  9. Nicolás, Ramón (xaneiro, febreiro, marzo, 2023). "Conversa con María Rosa Lojo". Grial LXI (237): 36–43. ISSN 0017-4181. 
  10. "Capítulos de libros sobre la obra". María Rosa Lojo (en castelán). Consultado o 2019-12-22. 
  11. "Lojo en Tailandés". www.lanacion.com.ar (en castelán). 2009-08-22. Consultado o 2019-12-22. 
  12. "María Rosa Lojo". María Rosa Lojo (en castelán). Consultado o 2019-12-22. 
  13. "A fin da terra". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-12-22. 
  14. "Cuentos". María Rosa Lojo (en castelán). Consultado o 2019-12-22. 
  15. "O libro das Seniguais e do único Senigual". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-12-22. 
  16. "Poesía". María Rosa Lojo (en castelán). Consultado o 2019-12-22. 
  17. "Andar por los bordes. Entre la historia y la ficción: el exilio sin protagonistas de María Rosa Lojo / Marcela Gladys Crespo Buituró. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes". www.cervantesvirtual.com. Consultado o 2019-12-22. 
  18. Luesakul, Pasuree (2012). "La visión de “Los otros”: mujer, historia y poder en la narrativa de María Rosa Lojo". Universidad de Salamanca (en castelán). doi:10.14201/gredos.121381. 
  19. Coelho, Maria Josele Bucco (2015). "Mobilidades culturais na contística rio-platense de autoria feminina : tracejando as poéticas da distância em Josefina Plá e María Rosa Lojo" (en portugués). 
  20. "Tecidos e tessituras: representação do feminino em María Rosa Lojo" (PDF). repositorio.unesp.br (en portugués). Consultado o 22/12/2019. 
  21. "A voz das mulheres no romance histórico latinoamericano. Leituras comparadas de Desmundo, de Ana Miranda, e Finisterre, de María Rosa Lojo" (PDF). repositorio.unesp.br (en portugués). Consultado o 22/12/2019. 
  22. "CeCABA.org.ar - El CeCABA participó en la Romería de la Hispanidad en Buenos Aires (11/10/09)". www.cecaba.org.ar (en castelán). Consultado o 2019-12-22. 
  23. "María Rosa Lojo recibe Premio Trayectoria de APA. Letra Urbana". letraurbana.com (en castelán). 2014-11-03. Consultado o 2019-12-22. 
  24. "Boletín Oficial de la ANLE" (PDF). www.asale.org (en castelán). Consultado o 22/12/2019. 
  25. "Homenaje a María Rosa Lojo en la Feria del Libro de Buenos Aires" (en castelán). Consultado o 2019-12-22. 
  26. "Prix international de poésie Antonio Viccaro 2017". web.archive.org (en francés). 2017-10-17. Archived from the original on 17 de outubro de 2017. Consultado o 2019-12-22. 
  27. "Otro galardón para María Rosa Lojo". www.tiempoar.com.ar (en castelán). Consultado o 2019-12-22. 
  28. "A académica de honra electa María Rosa Lojo recibirá a Medalla Europea Homero de Poesía e Arte - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2020-08-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]