Victoriano García Martí
Victoriano García Martí | |
---|---|
![]() Victoriano García Martí, retrato en Vida Gallega, 1932. | |
Nacemento | 1881 |
Lugar de nacemento | A Pobra do Caramiñal |
Falecemento | 7 de xullo de 1966 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Victoriano García Martí, nado na Pobra do Caramiñal en 1881 e finado en Santiago de Compostela o 7 de xullo de 1966, foi un sociólogo e escritor galego en lingua castelá.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Descendente de cataláns afincados en Galicia e fillo de médico,[2] fixo prácticas no despacho de Eduardo Dato, licenciándose en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e doutoradose en Madrid. Obtivo unha pensión para realizar estudos de socioloxía na Universidade da Sorbona con Émile Durkheim e Henri Bergson. En París relacionouse con mademoiselle Lutoslawsky e Sofía Casanova. Dedicouse á actividade xornalística, comezando a publicar as súas obras. Colaborou en El Liberal co pseudónimo El Duque de Él e noutros xornais como Noticiero de Vigo, Eco de Galicia, Ultreya, Lar, Airiños, Galicia en Madrid, Mundo Gallego, Alfar e Boletín da Real Academia Galega. En 1965 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Española e tamén foi correspondente e membro de honra da Real Academia Galega.[3]
Pouco antes de morrer residiu en Santiago de Compostela e na Pobra do Caramiñal.
Obra[editar | editar a fonte]
Selección:
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Del mundo interior, 1911.
- Del vivir heroico, 1921.
- Verdades sentimentales, 1921.
- Caracteres de la vida social y mundana, 1921
- Lugares de devoción y belleza. Impresiones de Galicia, 1922.
- De la felicidad, 1924, con prólogo de Valle-Inclán.
- Del vivir heroico y del mundo interior, 1925.
- Una punta de Europa, 1927, con prólogo de Ortega y Gasset.
- De la zona atlántica, 1934.
- La voluntad y el destino, 1942.
- Don Quijote y su mejor camino, 1948.
- Galicia, la esquina verde, 1954.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- La sonrisa de un espíritu, 1911.
- Don Severo Carballo, 1917.
- La tragedia del caballero de Santiago, 1930.
- A través de la vida, 1936, con prólogo de Gabriel Alomar.
- Tres narraciones gallegas, 1950.
Teatro[editar | editar a fonte]
- La tragedia de todos, 1928.
- La voz de los mitos, 1941.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Varela Jácome, B. et al. (2005). "García Martí, Victoriano". Gran Enciclopedia Galega. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ Carlos Martínez-Barbeito (8/7/1966). "García Martí o la meditación junto al misterio". ABC (en castelán): 76.
- ↑ Membros de honra da Academia. Histórico
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "García Martí, Victoriano". Diccionario enciclopédico galego universal 30. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 54. ISBN 84-7680-429-6.
- "García Martí, Victoriano". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 975. ISBN 978-84-8288-942-9.
- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Casanova Fernández, Ramón (2003). Victoriano García Martí. Paisajes literarios de una vida.
- Couceiro Freijomil, A. (1952). "GARCÍA MARTÍ, Victoriano". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 138.
- Sánchez Rodríguez, Ramón (1987). La vida y la muerte en el pensamiento de Victoriano García Martí.
- Sánchez Rodríguez, Ramón (1995). Victoriano García Martí. Arredor da vida e da morte.
- Sánchez Rodríguez, Ramón (2002). Victoriano García Martí. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-01-6.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Victoriano García Martí ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Xornalistas da Pobra do Caramiñal
- Nados na Pobra do Caramiñal
- Nados en 1881
- Finados en 1966
- Membros de honra da Real Academia Galega
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Académicos correspondentes da Real Academia Española