Leopoldo Eijo Garay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leopoldo Eijo y Garay
Leopoldo Eijo y Garay.png
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento 11 de abril de 1878 en Vigo
Pasamento 31 de xullo de 1963 (85 anos) en Madrid
Ordes
Ordenación sacerdotal 27 de decembro de 1900
Consagración episcopal 8 de novembro de 1914, por José María Martín de Herrera
Bispo de Madrid-Alcalá
Patriarca das Indias Occidentais
1922 - 1963
Predecesor Prudencio Melo y Alcalde
Sucesor Casimiro Morcillo González
Cargos anteriores Bispo de Tui (1914-1917)
Bispo de Vitoria (1917-1922)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Leopoldo Eijo y Garay, nado en Vigo o 11 de abril de 1878 e falecido en Madrid o 31 de xullo de 1963, foi un bispo católico e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos cinco anos mudouse coa súa nai a Sevilla, onde ingresou no seminario, sendo ordenado sacerdote o 27 de decembro de 1900.

Episcopado[editar | editar a fonte]

En 1914 foi promovido a ordinario da diocese de Tui, sendo ordenado bispo o 8 de novembro do mesmo ano polo cardenal Martín Herrera, arcebispo de Santiago de Compostela. Desde enton ten unha carreira de vertixe, sendo nomeado o 22 de marzo de 1917 sétimo bispo de Vitoria, sucedendo a Prudencio Melo y Alcalde, que fora nomeado bispo de Madrid-Alcalá. Ese mesmo ano publica El primer origen de la vida según el Hexámeron y según la ciencia.

O 4 de decembro de 1922 marcha a Madrid para substituír de novo ao bispo Melo, nomeado arcebispo de València, tomando posesión o 26 de xuño de 1923 como bispo de Madrid-Alcalá, tamén o sétimo dos mesmos. Ocupou o cargo durante cuarenta anos, sendo o seu o pontificado máis longo dun bispo español contemporáneo. Desde alí foi testemuña privilexiada dos convulsos anos da ditadura de Primo de Rivera, a II República, a guerra civil, e a consolidación do réxime franquista no poder.

Paralelamente á súa carreira eclesiástica, desenvolveu a súa vida cultural e de escritor, con obras como Santo Tomás y la mística, El concepto de la materia universal en los textos medievales (1940), Esbozo apologético de la poesía clásica eucarística española, e Directrices sociales (1948). En 1927 ingresara na Real Academia Española, no asento do U maiúsculo, sendo o seu discurso inaugural sobre La oratoria sagrada en España. O 10 de xaneiro de 1932 ingresou na Academia de Ciencias Morales y Políticas (medalla n.º 6); o seu discurso inaugural, dito o 9 de xuño de 1935, versou sobre La persona jurídica. Su concepto filosófico y derechos fundamentales que debe respetar en ella el Estado. Tamén foi membro correspondente da Real Academia Galega.

O 21 de xullo de 1946 o papa Pío XII nomeouno Patriarca das Indias Occidentais, sede meramente titular, pero que dá prestixio ao bispo da capital de España en pleno auxe dun réxime dedicado a renovar a idea do Imperio Español. Eijo y Garay foi, de feito, un dos prelados máis fieis ao réxime, en conciencia e desde a súa altura intelectual.

Desde a súa morte en 1963, antes do Concilio Vaticano II, o patriarcado das Indias Occidentais permaneceu vacante, sen ser nunca formalmente suprimido.

Ao ano seguinte do seu falecemento, o 24 de marzo de 1964, Madrid-Alcalá foi desgaxada da provincia eclesiástica de Toledo e elevada ao rango de arquidiócese.


Dignidades da Igrexa Católica
Predecesor:
Valeriano Menéndez Conde y Álvarez
 Bispo de Tui 
1914-1917
Sucesor:
Manuel Lago González
Predecesor:
Prudencio Melo y Alcalde
 Bispo de Vitoria 
1917-1922
Sucesor:
Zacarías Martínez Núñez
Predecesor:
Prudencio Melo y Alcalde
 Bispo de Madrid-Alcalá 
1922-1963
Sucesor:
Casimiro Morcillo González
Predecesor:
Ramón Pérez y Rodríguez
 Patriarca das Indias Occidentais 
1946-1963
Sucesor:
Vacante

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]