Azorín
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2018.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de xuño de 1873 Monòver |
| Morte | 3 de marzo de 1967 Madrid |
| 26 de outubro de 1924 – 2 de marzo de 1967 ← Juan Navarro Reverter (pt) | |
| 9 de xuño de 1919 – 2 de outubro de 1920 Circunscrición electoral: Sorbas | |
| 4 de marzo de 1918 – 2 de maio de 1919 Circunscrición electoral: Sorbas | |
| 5 de outubro de 1916 – 10 de xaneiro de 1918 Circunscrición electoral: Sorbas | |
| 4 de marzo de 1914 – 16 de marzo de 1916 Circunscrición electoral: Ponteareas | |
| 6 de maio de 1907 – 14 de abril de 1910 Circunscrición electoral: Purchena | |
| Datos persoais | |
| Educación | Centre educatiu privat Escola Pia Sant Antoni (en) Universidade de Salamanca |
| Actividade | |
| Ocupación | novelista, escritor de non ficción, dramaturgo, crítico literario, escritor, xornalista, político |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Drama e ensaio |
| Movemento | Xeración do 98 |
| Influencias | |
| Pseudónimo literario | Azorín Cándido |
| Familia | |
| Cónxuxe | Julia Guinda Urzanqui (1908–) |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Martínez Ruiz (José), p.262) Enciclopedia literaria (1929-1939), |
José Augusto Trinidad Martínez Ruiz, nado en Monòver o 8 de xuño de 1873 e finado en Madrid o 2 de marzo de 1967, foi un escritor español, máis coñecido polo seu pseudónimo de Azorín. Ademais de novelista e ensaísta, foi o crítico literario español máis importante do seu tempo. En 1945 nomeóuselle membro de honra da Real Academia Galega.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]A súa produción literaria divídese fundamentalmente en dous grandes apartados: ensaio e novela. Tamén escribiu algunhas obras teatrais, experimentais e de escaso éxito.
A produción literaria de Azorín ten tamén un grande valor estilístico. A súa forma de escribir, moi peculiar, caracterízase polo impresionismo descritivo, polo uso dunha frase curta e de sintaxe simple, polo emprego dun léxico castizo e polas series de dous adxectivos unidos por unha coma. Entre as súas técnicas literarias máis innovadoras está o uso, ao xeito de Virginia Woolf, de personaxes que viven ao mesmo tempo en varias épocas da historia, como Don Xoán ou Inés, fundindo á vez mito e eterno retorno.
Novela
[editar | editar a fonte]As novelas de Azorín pódense dividir en catro etapas:
A primeira etapa mostra predominio dos elementos autobiográficos e de impresións suscitadas pola paisaxe. O protagonista é Antonio Azorín (do cal tomará o seu pseudónimo), personaxe de ficción que se converte na conciencia do seu creador. Estas novelas son un pretexto para desenvolver as experiencias vitais e culturais do autor. A ela pertencen La voluntad (1902), Antonio Azorín (1903) e Las confesiones de un pequeño filósofo (1904).
Na segunda etapa, Azorín abandona os elementos autobiográficos, se ben continúa reflectindo as súas propias inquietudes nos personaxes: a fatalidade, a obsesión polo tempo, o destino etc. Unha mostra diso é Doña Inés (1925). A esta mesma etapa pertence Don Juan (1922), baseada na conversión cristiá do mito.
Á terceira etapa pertencen Félix Vargas (1928), Superrealismo (1929) e Pueblo (1939), marcadas polo vangardismo e polo drama persoal e cosmolóxico inspirado no grande poeta austroalemán Rainer Maria Rilke.
Na cuarta etapa, tras un período de relativo silencio profundamente marcado pola contenda civil, Azorín volve á narrativa con El escritor (1941), a novela rosa María Fontán (1943) e La isla sin aurora (1944).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Filgueira Valverde, X. (1970). "Galicia en Azorín". Boletín da Real Academia Galega (352): 441–453. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 08 de agosto de 2022.