Dámaso Alonso
Dámaso Alonso | |
---|---|
![]() |
|
Nacemento | 22 de outubro de 1898 |
Madrid | |
Falecemento | 25 de xaneiro de 1990 |
Madrid | |
Soterrado | Cemiterio de La Almudena |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Madrid |
Ocupación | poeta, escritor, filólogo, lingüista, catedrático de universidade, tradutor e crítico literario |
Cónxuxe | Eulalia Galvarriato |
Premios | Premio Miguel de Cervantes, Premio Nacional de Poesía, Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio, Fastenrath award e sen etiquetar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Dámaso Alonso Fernández de las Redondas, nado en Madrid o 22 de outubro de 1898 de pai de Ribadeo e nai de Castropol[1], e finado o 25 de xaneiro de 1990, foi un escritor, crítico literario e filólogo español. Membro da xeración do 27 e Premio Miguel de Cervantes 1978.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dámaso Alonso estudou dereito, filosofía e literatura antes de entrar no Centro de Estudios Históricos dirixido por Ramón Menéndez Pidal, tomou parte nas actividades da Residencia de Estudiantes, onde coñeceu a Federico García Lorca, Luis Buñuel, José Bello e Salvador Dalí; Alonso escribiu nas revistas literarias La Revista de Occidente e Los Catro Vientos, deu clases de español en numerosas universidades estranxeiras e dende 1933 foi catedrático na Universidade de Valencia ata que en 1939 pasou á Universidade de Madrid, onde comparte exilio interior co seu amigo Vicente Aleixandre. Membro da Real Academia Española dende 1945, foi o seu director entre 1968 e 1982.
Obra[editar | editar a fonte]
Os seus primeiros poemarios considéranse obra de xuventude, con escaso mérito literario (Poemas puros e Poemillas de la ciudad en 1921 e El viento y el verso en 1925).
Hijos de la ira (1944) contribuíu a abrir novos camiños á poesía española da posguerra. Dámaso expresa unha visión desgarrada e sombría da condición humana, para o que utiliza longos versículos e unha linguaxe violenta e mesmo vulgar.
Como estudoso da literatura, Alonso revolucionou o estudo da poesía barroca española, particularmente o traballo de Luis de Góngora, do que fixo unha edición crítica das súas Soledades da que a súa data de publicación, 1927, dá nome á xeración do 27.
Relación de obras:
- Poemas puros
- Poemillas de la ciudad
- El viento y el verso
- Hijos de la ira
- Hombre y Dios
- Gozos de la vista
- Duda y amor sobre el Ser Supremo
Dámaso Alonso e o galego[editar | editar a fonte]
Dámaso Alonso investigou o galego que se fala nos Ancares e nos Ozcos, e foi o primeiro filólogo en clasificar a fala de entre Eo e Navia como galega, aínda que a denominou co termo de galego-asturiano.
Entre os seus traballos sobre o galego destacan Junio y Julio entre Galicia y Asturias (1945), El saúco entre Galicia y Asturias (1946), Enxebre (1947), Gallego-asturiano 'engalar', 'volar'. Casos y resultados de velarización de n en el dominio gallego (1954), El gallego-leonés de los Ancares y su interés para la dialectología portuguesa (1959), Narraciones orales gallego-asturianas (1969)
Mantivo unha certa relación con Ribadeo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Conferencia "Unha visión de Suso Peña e o seu legado", impartida no inicio do curso académico 2017-2018 no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo por Roberto Rodríguez Rodríguez (18/09/2017)
|