Saltar ao contido

Príncipe de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Príncipe de Asturias Editar o valor en Wikidata
Princesa de Asturias Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Nome oficial
príncipe de Asturias (es)
princesa de Asturias (es) Editar o valor en Wikidata
 Residencia oficial
Implicados
 Titular
Lionor de Borbón (19 de xuño de 2014 - ) Editar o valor en Wikidata
 Nomeado por
Organizacións
 Organización dirixida
Datas
 Fundación / creación
1388 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Xurisdición
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Príncipe de Asturias é o principal dos títulos que ostenta o herdeiro da Coroa Española. Na actualidade é Lionor de Borbón. Regulados polo Real Decreto dende 1977 os títulos históricos dos herdeiros ao trono nos diferentes reinos hispanos son:

Ademais por medio da fundación homónima, cuxa presidencia ostenta, entréganse anualmente os prestixiosos Premios Príncipe de Asturias nun solemne acto en Oviedo, capital do Principado de Asturias.

Orixe do título

[editar | editar a fonte]

As orixes do Principado de Asturias remóntanse aos primeiros anos do século XIV, cando, nas chamadas Asturias de Oviedo, constituír o primeiro gran señorío nobiliario para Rodrigo Álvarez, que pasou a chamarse Rodrigo Álvarez das Asturias (utilizando en ocasións o apelido "Álvarez-Nava", como equivalente ao "Álvarez das Asturias", por proceder Rodrigo do patrucial de Nava, vila do Principado de Asturias). Ao morrer sen sucesión, pasou a Enrique de Trastámara que, á súa vez, cedeuno a un fillo bastardo: Alonso Enríquez. Durante o reinado de Xoán I, o conde de Noreña protagonizou unha serie de revoltas que decidiron ao Rei a confiscar o señorío e incorporalo á Coroa.

En 1388, a raíz do matrimonio acordado polo rei Xoán I de Castela e por Xoán de Gante, duque de Lancaster entre os seus respectivos fillos, o Infante Henrique e Catarina (acordo de Baiona), para pór así fin ás pretensións dos Lancaster á coroa de Castela (como descendentes de Pedro I), decidiuse que, así como en Inglaterra o herdeiro do trono era titulado Príncipe de Gales e en Francia Delfín, en Castela sería Príncipe de Asturias.

E otrosí pusieron e ordenaron los dichos rey don Juan e duque de Alencastre en sus tratos que el dicho infante don Enrique oviese titulo de se llamar principe de Asturias e la dicha infanta doña Catalina, princesa.

O título de Príncipe de Asturias en diante sería ostentado polo herdeiro da Coroa de Castela e de España.

Nos primeiros tempos da institución de Príncipe de Asturias non foi un simple título de honra, pois o territorio asturiano pertencíalles como patrimonio. A persoa á que se lle outorgaba este título podía nomear xuíces, alcaldes etc., que gobernaban o Principado en representación do seu Señor. Esta situación cambiou cos Reis Católicos, que reduciron o título de Príncipe de Asturias a unha condición honorífica, carácter que se mantivo cos reis da Casa de Austria e coa dinastía dos Borbóns.

Lista dos príncipes de Asturias

[editar | editar a fonte]
Imaxe Príncipe de Asturias Herdeiro de Inicio Fin
Ano Causa
Henrique de CastelaXoán I13881390Accede ao trono como Henrique III
María de CastelaHenrique III14021405Desprazada polo nacemento do seguinte
Xoán de CastelaHenrique III14051406Accede ao trono como Xoán II
Catarina de CastelaXoán II14221424Falecida
Leonor de Castela
(adoita omitirse das listas de Príncipes de Asturias)[1]
Xoán II 1424 1425 Desprazada polo nacemento do seguinte
Henrique IVXoán II14251454Accede ao trono como Henrique IV
Xoana de CastelaHenrique IV14621464Desherdada en favor do seguinte
Afonso de Castela Henrique IV 1464 1465[2] Proclamado rei por un grupo de nobres (farsa de Ávila)[2]
1468[2] Falecido[2]
Isabel de Castela Henrique IV 1468[3] 1470[4] Desherdada en favor da seguinte[4]
1474[5] Autoproclamada raíña[5]
Xoana de Castela Henrique IV 1470[4] 1475[5] Autoproclamada raíña[5]
1479[5] Perde a Guerra contra Isabel[5]
Isabel de AragónIsabel I14761480Desprazada polo nacemento do seguinte
Xoán de AragónIsabel I14801497Falecido
Isabel de AragónIsabel I14981498Falecida
Miguel da Paz de PortugalIsabel I14991500Falecido
Xoana de AragónIsabel I15021504Accede ao trono como Xoana I
Carlos de AustriaXoana I15061516Accede ao trono como Carlos I
Filipe de AustriaCarlos I15281556Accede ao trono como Filipe II
Carlos de AustriaFilipe II15601568Falecido
Fernando de AustriaFilipe II15731578Falecido
Diego de AustriaFilipe II15801582Falecido
Filipe de AustriaFilipe II15841598Accede ao trono como Filipe III
Filipe de AustriaFilipe III16081621Accede ao trono como Filipe IV
Baltasar Carlos de AustriaFilipe IV16321646Falecido
Filipe Próspero de AustriaFilipe IV16581661Falecido
Carlos de AustriaFilipe IV16611665Accede ao trono como Carlos II
Lois de BorbónFilipe V17091724Accede ao trono como Luís I
Fernando de BorbónFilipe V17241746Accede ao trono como Fernando VI
Carlos de BorbónCarlos III17601788Accede ao trono como Carlos IV
Fernando de BorbónCarlos IV17891808Accede ao trono como Fernando VII
Isabel de BorbónFernando VII1830
(1833)[6]
1833Accede ao trono como Isabel II
Isabel de BorbónIsabel II18511857Desprazada polo nacemento do seguinte
Afonso de BorbónIsabel II18571870Recibe os dereitos dinásticos da súa nai, a raíña Isabel II (no exilio)
Manuel Filiberto de SavoiaAmadeu I18711873Abdicación do seu pai, o rei Amadeu I
Isabel de BorbónAfonso XII18751880Desprazada polo nacemento da seguinte
María das Mercedes de Borbón Afonso XII 1881 1904 Falecida
Afonso XIII
Afonso de Borbón-Dúas Sicilias
(Herdeiro da Coroa sen tratamento de Príncipe de Asturias)[7]
Afonso XIII 1904 1907 Desprazado polo nacemento do seguinte
Afonso de BorbónAfonso XIII19071933Renuncia aos seus dereitos á Coroa
Xoán de Borbón[8]Afonso XIII19331941Accede á Xefatura da Casa Real
Xoán Carlos de Borbón[9]Xoán de Borbón19411975[10]Accede ao trono como Xoán Carlos I
Filipe de BorbónXoán Carlos I19772014Accede ao trono como Filipe VI
Lionor de BorbónFilipe VI2014Actualidade-
  1. Xurada como Princesa de Asturias unicamente por doce procuradores das Cortes de Castela. Adoita omitirse nas listas de Príncipes de Asturias ("A numeración dos Príncipes de Asturias" Arquivado 07 de abril de 2010 en Wayback Machine.)
  2. 1 2 3 4 O 5 de xuño de 1465, no que se denominou "farsa de Ávila", un grupo de nobres proclamou rei ao Príncipe Afonso. O príncipe morreu por causas descoñecidas en 1468, deixando a Henrique IV como único rei
  3. Polo Pacto dos Toros de Guisando do 19 de setembro de 1468, Henrique IV recoñecía á súa medio irmán Isabel como Princesa de Asturias
  4. 1 2 3 Na Cerimonia da Val de Lozoya, celebrada o 26 de outubro de 1470, Henrique IV anulou o Pacto dos Toros de Guisando e proclamou Princesa de Asturias á súa filla Xoana
  5. 1 2 3 4 5 6 Tras a morte en 1474 de Henrique IV desencadeouse unha guerra pola sucesión entre Isabel e Xoana. Isabel autoproclamouse raíña o 13 de decembro de 1474 e Xoana o 30 de maio de 1475. O 4 de setembro de 1479, o Tratado de Alcáçovas puxo fin á contenda, quedando Isabel como única raíña
  6. Proclamada Princesa de Asturias mediante o Real Decreto do 13 de outubro de 1830 e xurada como Herdeira da Coroa o 20 de xuño de 1833
  7. Por Real Decreto do 17 de outubro de 1904, gozou de todas as honras que lle correspondían como Herdeiro da Coroa, pero nunca ostentou o título de Príncipe de Asturias
  8. Príncipe titular de Asturias por nomeamento do seu pai, o Rei Afonso XIII (no exilio)
  9. Príncipe titular de Asturias polo nomeamento do seu pai, o Xefe da Casa Real
  10. Desde 1969, en virtude da Lei de Sucesión na Xefatura do Estado ostentaba o título de Príncipe de España

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]