Saltar ao contido

Praza da Miñoca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praza da Miñoca
Escultura da Miñoca.
Dimensións
Área20.000 metros cadrados
Localización
LocalidadeCoia,Vigo
Código postal36209

A praza da Miñoca é unha praza situada na cidade galega de Vigo, no barrio de Coia. Ten unha extensión de 20.000 metros cadrados, e é unha das principais zonas verdes da cidade, arrodeado de edificios con soportais e cunha escultura no centro: a característica miñoca metálica ornamental que da nome á praza.

Coa súa remodelación, realizada en 2022 cun orzamento de 1,6 millóns de euros, aumentáronse as instalacións coa colocación de parques, bancadas, árbores e incluso un río artificial bautizado como Lagares II.[1]

A escultura da miñoca

[editar | editar a fonte]

No centro da praza atópase a escultura da Miñoca, animal invertebrado empregado habitualmente para a pesca. A escultura, de estrutura metálica e revestimento de cerámica con azulexos vermellos e térros, estña dividida en catro partes separadas, de xeito que emerxe e entérrase no solo dando a sensación de que surca a praza. O autor e ano de construción son descoñecidos.[2]

  1. P. Currás, Víctor. "A Miñoca resurxe coma un gran parque.". Faro de Vigo. Consultado o 27 de xullo de 2024. 
  2. "A miñoca". Concello de Vigo. Consultado o 27 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]