República Popular da China

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Chinesa")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
中华人民共和国
Zhōnghuá rénmín gònghéguó

República Popular da China
Bandeira da República Popular da China Emblema da República Popular da China
Bandeira Emblema
Himno nacional: Yìyǒngjūn Jìnxíngqǔ
 
People's Republic of China (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Pequín
20.693.000 (2012)
Cidade máis poboada Shanghai
Linguas oficiais
Mandarín estándar1
Forma de goberno Unipartidismo
Comunismo (nominalmente)
Xi Jinping
Wen Jiabao
Formación
 • Unificación
 • República
 • República Popular

221 a.C.
1 de xaneiro de 1912
1 de outubro de 1949
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 3º
9.640.821 km²
2,8%
22.117 km
14.500 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 1º
1.339.724.852 (2010)
138,96 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2011)
 • PIB per cápita
Posto 2º
US$ 6.988.000 millóns
US$ 5.184
PIB (PPA)
 • Total (2011)
 • PIB per cápita
Posto 2º
US$ 11.316.000 millóns
US$ 8.394
IDH (2010) 0,663 (89º) – Medio
Moeda Renminbi (¥, CNY)
Xentilicio Chinés, chinesa
Fuso horario UTC+8
Dominio de Internet .cn
Prefixo telefónico +86
Prefixo radiofónico 3HA-3UZ
Código ISO 156 / CHN / CN
Membro de: ONU, APEC

1 Co-oficial co inglés en Hong Kong e co portugués en Macau. Ademais algunhas outras linguas son co-oficiais xunto co chinés mandarín en pequenas áreas do país.
2 A superficie non inclúe os territorios disputados. Con eles a superficie sería de 9.671.018 km².

Tódolos países do mundo

China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China reclama Taiwán como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da República da China dende a fin da Guerra Civil de 1949.

Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakoram, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen cara a densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do Océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un gran Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da Segunda Guerra Mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular de China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República de China a Taipei. A xurisdición da República de China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwan. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.

China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Quirguisia, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Beijing (Pekín), Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A verba «China» deriva do persa Cin (چین), a cal é unha adaptación do sánscrito Cīna (चीन).[1] O primeiro rexistro deste termo data de 1516, no diario do explorador portugués Duarte Barbosa.[2][3] Crese que a palabra provén do nome da dinastía Qin (秦, Chin).[4]

O nome oficial do país é República Popular da China (s=中华人民共和国, p=Zhōnghuá Rénmín Gònghéguó), aínda que as dinastías e gobernos anteriores cambiaron o nome oficial do país en numerosas ocasións. Os nomes comúns para o país en chinés son Zhongguó (s=中国|中国]], de zhong, ‘central’ ou ‘medio’, e guó, ‘estado’ ou ‘estados’, e en tempos modernos, ‘nación’) e Zhonghuá (s=中华|中华). O termo Zhongguó apareceu en varios textos antigos, como o Clásico de historia do século -VI,[5] e en tempos pre-imperiais empregábase como un concepto cultural para distinguir as tribos Huaxia dos «bárbaros». Este termo, que pode ser singular ou plural, referíase a un grupo de estados ou provincias da Chaira Central, pero utilizouse para denominar a todo o país ata o século XIX. Os chineses non foron os únicos en percibir o seu país como o «centro» do mundo, xa que outras civilizacións aplicaron o mesmo pensamento ós seus territorios.[6]

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia da China.
Mapa de Frei Mauro (1459).

Os descubrimentos arqueolóxicos revelan a presenza de seres humanos no territorio chinés un millón de anos atrás: os antropopitecos "de Yuanmou" e "de lantian". O "Home de Pekín", verdadeiro Homo erectus, viviu hai uns cincocentos mil anos. Tras do longo proceso da comunidade primitiva cara o século XXI a.C., apareceu na historia chinesa o primeiro Estado, e a China entrou na sociedade escravista coa dinastía Xia. As dinastías Shang e Zhou do oeste que a seguiron, desenvolveron a escravitude en maior grao. O Período de Primavera e Outono e o dos Reinos Combatentes (é dicir, Zhou do este) son considerados de transición da sociedade escravista á feudal.

No ano 221 a.C., Qin Shi Huang (259-210 AC) puxo fin ao fraccionalismo característico durante o Período dos Reinos Combatentes e fundou un estado feudal pluriétnico unitario, co poder centralizado e o primeiro na historia da China: A dinastía Qin. A evolución histórica viu xurdir outras dinastías: Han, Wei, Jin, as do sur e norte, Sui, Tang, As Cinco Dinastías, Song, Yuan, Ming e Qing. a China estivo sumida na sociedade feudal ata a Guerra do Opio no 1840. En 1911 unha explosión revolucionaria acabou co imperio e proclamou a república pero só serviu para agravar a situación e por todo o país xurdiron señores da guerra que gobernaban o territorio que controlaban con mentalidade feudal metidos en frecuentes guerras entre eles, isto foi o xermolo dun movemento de carácter rexenerador que xurdiu a partir de 1919 entre os estudantes e as clases medias das grandes cidades que buscaban devolver a China a súa dignidade nacional e occidentar o país, politicamente expresouse en dúas organizacións, o Kuomintang de ideoloxía democrática e nacionalista e o Partido Comunista que se aliaron en 1923 formando un exército que volveu unificar a China.

Logo da Segunda Guerra Mundial, a Guerra Civil chinesa entre o partido comunista da China e o Kuomintang rematou en 1949 cos comunistas co control da terra central da China e o Kuomintang co control de Taiwán e algunhas illas de Fujian. O 10 de outubro de 1949, Mao Zedong declarou a República Popular da China e estableceu un estado comunista. Á vez de asegurar a soberanía Chinesa, a administración de Mao impuxo controis estritos sobre a vida diaria e os custos da vida de decenas de millóns de persoas mediante políticas desastrosas como o gran salto adiante e a revolución cultural.

Tras a morte de Mao, Deng Xiaoping sucedeuno no poder e a terra central Chinesa mantívose debaixo do poder do comunismo.

Dende os anos 1960 o país posúe armas nucleares.

Organización administrativa[editar | editar a fonte]

A República Popular da China articúlase oficialmente en tres niveis:[7]

  1. Provincias: o país divídese en provincias, rexións autónomas, concellos baixo xurisdición central e rexións administrativas especiais.
  2. Distritos: as provincias e rexións autónomas divídense en prefecturas autónomas, distritos, distritos autónomos e cidades.
  3. Cantóns: os distritos e distritos autónomos repártense en cantóns, cantóns de minorías étnicas e poboados.

A República Popular da China mantén o control administrativo sobre vinte e dúas provincias e considera a Taiwán como a súa provincia número 23, malia que a illa de Taiwán está gobernada independentemente pola República da China.[8]

China tamén conta con cinco subdivisións chamadas oficialmente rexións autónomas (Xinjiang, Mongolia Interior, Tíbet, Ningxia e Guangxi) nas que existe unha minoría étnica e que teñen unha autonomía maior; catro municipios baixo xurisdición central (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais (Hong Kong e Macau), que gozan de certo grao de autonomía política. Estas vinte dúas provincias, cinco rexións autónomas e catro concellos coñécense en conxunto como «China continental», un termo que usualmente exclúe a Hong Kong e Macau. Pola súa parte, o goberno da República da China non recoñece ningunha destas divisións administrativas, pois reclama toda a extensión da República Popular da China como parte do seu territorio.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Imaxe satélite 2005.

O país é o cuarto máis grande do mundo, contendo unha grande variedade de paisaxes diferentes. No leste, ao longo da costa do Mar Amarelo e do Mar da China Oriental, hai chairas aluviais densamente poboadas. As costas do Mar da China Meridional é máis montañoso e no sul da China prevalece unha orografía de outeiros e pequenas cordilleiras. Na zona centro do leste están os deltas dos dous maiores ríos: o Huang He e o Chang Jiang. Outros ríos importantes son o Xi Jiang, o Mekong, o Brahmaputra e o Amur.

Ao oeste, predominan as grandes cordilleiras, sobre todo o Himalaia coa súa maior altitude no Monte Everest, e altiplanicies que caracterizan a maior parte dunha paisaxe árida con desertos coma o Deserto do Gobi. Debido á seca e a prácticas agrícolas prexudiciais, as tormentas de area convertéronse en habituais na primavera. O deserto do Gobi estendeuse e é o principal responsábel destas tormentas que afectan ao noreste chinés así como Corea e Xapón.

Clima[editar | editar a fonte]

Monzón no bosque tropical de Guangxi.
Paisaxe montañosa do Tíbet.

O clima da China está dominado en gran parte pola estación seca e os monzóns, que provocan unha pronunciada diferenza de temperaturas entre o inverno e o verán. No inverno, os ventos do norte que proveñen de latitudes máis altas son secos e fríos; no verán, os vientos do sur que proveñen das zonas costeiras son cálidos e húmidos.[9] O clima varía de rexión a rexión por mor da complexa orografía do país, aínda que se poden diferenciar en tres grandes zonas. A zona monzónica do leste, no que hai un clima húmido; a zona seca do noroeste, onde o clima é seco; e ó sur, na meseta do Tíbet, o clima é frío.[10] O clima das montañas caracterízase por unha gran cantidade de chuvias, particularmente entre os 600 e os 2000 msnm, onde as precipitacións adoitan estar por riba dos 1000 mm, aínda que a partir dos 1000 msnm son en forma de neve.[11]

O oriente, a costa e o sur teñen un clima subtropical húmido. É un clima cálido dominado polos monzóns e ocasionalmente chegan ventos polares da zona de Siberia. As temperaturas oscilan entre os 15 e os 30 °C e as precipitacións varían moito: máis de 1000 mm no sur e menos de 500 mm no norte.[11] O clima continental húmido aparece no noreste do país e nas zonas de transición entre o clima seco e o subtropical húmido; as precipitacións son menos abondosas —entre 500 mm e 800 mm anuais—, e as temperaturas son calorosas no verán e moi frías no inverno, pola influencia do anticiclón siberiano. En ocasións chegan masas de aire do clima subtropical húmido que traen chuvias e temperaturas cálidas canda si.[11]

Un dos principais problemas ambientais na China é a continua expansión dos seus desertos, particularmente o deserto do Gobi.[12][13] Aínda que as barreiras de árbores plantadas dende a década de 1970 reduciron a frecuencia das tormentas de area, as secas prolongadas, o esgotamento dos acuíferos co descenso do nivel freático continúan e provocan tormentas de pó que invaden o norte da China cada primavera, e que en ocasións se esparexen a outras partes do Lonxano Oriente, incluíndo Corea e Xapón. De acordo co supervisor de medio ambiente Sepa, China perde 4.000 km² por ano por mor da desertificación.[14] A calidade da auga, a erosión e o descontrol da contaminación convertéronse en problemas importantes que afectan as relacións da China con outros países. O derretemento dos glaciares no Himalaia podería levar a unha seca que afectaría a centos de millóns de persoas.[15]

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

China é un dos dezasete países megadiversos,[16] e xace en dúas das ecorrexións máis grandes do mundo: a paleártico e a Indomalaia. Conta con más de 34.687 especies de anfibios, aves, mamíferos, réptiles e plantas vasculares, o terceiro país máis biodiverso da Tierra, só despois de Brasil e Colombia.[17] De feito, é fogar de 551 especies de mamíferos (o 3º do mundo),[18] 1.221 especies de paxaros (8° do mundo),[19] 424 especies de réptiles (7° do mundo)[20] e 333 especies de anfibios (7° do mundo).[21] Das especies endémicas de mamíferos do país, destacan: o oso panda, o mono de pelo dourado, o tigre do sur da China, o faisán orelludo pardo, a grúa de crista vermella, o ibis nipón, o golfiño branco de río e o caimán chinés.[22]

Dentro do seu territorio hai más de 32.000 especies de plantas vasculares e alberga unha gran variedade de bosques.[23] Os bosques fríos de coníferas predominan no norte e son o hábitat de animais como o alce, o oso negro asiático e máis de 120 especies de aves.[24] No sotobosque de coníferas húmidas pódese atopar bambú.[25] O teixo e o xnebreiro residen a maiores altitudes, onde o rododendro substitúe ó bambú. Os bosques subtropicais, que predominan no centro e sur, son o fogar de máis de 146.000 especies de flora.[24] As selvas tropicais e estacionais, aínda que restrinxidas a Yunnan e Hainan, conteñen un cuarto de tódalas especies animais e vexetais que se poden atopar no país.[24] Na China medran máis de 10.000 especies de fungos,[26] dos cales, case 6.000 son fungos superiores.[27]

Cultura[editar | editar a fonte]

Literatura[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

Mapa de produción de petróleo e minerais.

Cun crecemento oficial do 7-8% anual, a economía chinesa está considerada como unha das de maior crecemento do planeta, mantendo esta taxa desde os Anos 1980.

As facilidades do goberno para o investimento estranxeiro levaron á creación de zonas económicas especiais na zona costeira, convertendo a China nunha das maiores potencias manufacturadoras do mundo, sobre todo no sector da produción de electrodomésticos, debido so baixo custo da man de obra (un traballador chinés ten uns ingresos inferiores á metade dun mexicano).

Isto levou a que o interior do país siga nunhas condicións terceiromundistas, mentres as provincias costeiras e, sobre todo, as cidades teñen a segunda maior clase media do planeta.

Demografía[editar | editar a fonte]

Cunha poboación de preto de 1.300 millóns de habitantes (no 2003), é o país máis poboado da Terra (22% da poboación do planeta).

A República Popular considérase a si mesma unha nación multiétnica, cuns 56 grupos recoñecidos. O 91,59% son Han, mais só son maioritarios na metade do país. Entre as grandes minorías étnicas inclúense os zhuang (16 millóns), manchús (10 millóns), hui ( 9 millóns), miao (8 millóns), uigures (7 millóns), yi (7 millóns), tujia (5,75 millóns), mongois (5 millóns), tibetanos (5 millóns), buyei (3 millóns) e coreanos (2 millóns).[28]


Nunha tentativa de limitar a súa poboación no territorio habitado polos Han, adoptouse unha política que limita as familias urbanas a un só fillo e as rurais a dous cando o primeiro é nena. Debido a que os nenos son considerados economicamente máis útiles nas áreas rurais, existe un alto índice de abortos e de abandono de recén nacidas, para tentar asegurar que o segundo neno sexa home. Isto dá como resultado unha proporción entre sexos de 115 nenos nacidos por cada 100 nenas, o cal é todo o contrario ao índice natural, aínda que é comparábel co que sucede en Corea do Sur. Isto levou ás autoridades a enfatizar a importancia da muller e chegouse a prohibir a utilización de métodos médicos para predicir o sexo do feto.

Cun incremento duns 10 millóns de habitantes anuais, estímase que no 2043 terá uns 1.550 millóns de poboadores.

Poboación total: 1.295,33 millóns de habitantes Poboación urbana: 455,94 millóns de persoas (36.09%) Poboación rural: 807,39 millóns de persoas (63.91%) Taxa de Crecemento Demográfico Natural: 1.07% (Axencia de Noticias Xinhua da china, 2005)

Mapas e imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""China" (en inglés). The American Heritage Dictionary of the English Language. Houghton-Mifflin. 2000. http://dictionary.reference.com/browse/China?qsrc=2888. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  2. (en inglés) Oxford English Dictionary. 1989. ISBN 0-19-957315-8.
  3. Barbosa, Duarte (1516). "O Grande Reino da China" (en portugués e inglés). The Book of Duarte Barbosa. ISBN 81-206-0451-2.. http://purl.pt/435/.
  4. Harper, Douglas (2001). "China" (en inglés). Online Etymology Dictionary. http://www.etymonline.com/index.php?term=China&allowed_in_frame=0.
  5. "《尚書•梓材》" (en chino). Wikisource. https://zh.wikisource.org/wiki/%E5%B0%9A%E6%9B%B8/%E6%A2%93%E6%9D%90. Consultado o 14 de xaneiro de 2014. "「皇天既付中國民越厥疆土于先王」"
  6. Wilkinson, 2000, p. 132
  7. "División administrativa e cidades". China.org.cn. 25 de xaneiro de 2007. http://spanish.china.org.cn/china/archive/txt/2007-01/25/content_7711392.htm.
  8. Law, Gwillim (2 de abril de 2005). "Provinces of China" (en inglés). Statoids.com. http://www.statoids.com/ucn.html. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  9. Fu et al., 2008, p. 1
  10. "Clima en China". International Universia.net. http://internacional.universia.net/asia-pacifico/china/vivir/clima/. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  11. 11,0 11,1 11,2 Santiago. "China: Clima". Geografía La Guía 2000.com. http://geografia.laguia2000.com/climatologia/china-clima. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  12. Waghorn, Terry (7 de marzo de 2011). "Fighting Desertification" (en inglés). Forbes. http://www.forbes.com/sites/terrywaghorn/2011/03/07/fighting-desertification/. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  13. BBC News (17 de abril de 2006). "Beijing hit by eighth sandstorm" (en inglés). BBC.co.uk. http://news.bbc.co.uk/1/hi/world/asia-pacific/4915690.stm. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  14. Coonan, Clifford (9 de novembro de 2007). "The gathering sandstorm: "Encroaching desert, missing water"" (en inglés). The Independent. http://www.independent.co.uk/news/world/asia/the-gathering-sandstorm-encroaching-desert-missing-water-399653.html. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  15. MSNBC (24 de novembro de 2008). "Himalaya glaciers melting much faster" (en inglés). MSN.com. http://www.msnbc.msn.com/id/27894721/. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  16. "Biodiversity Theme Report" (en inglés). Environment.gov.au. 10 de decembro de 2009. http://www.environment.gov.au/soe/2001/publications/theme-reports/biodiversity/biodiversity01-3.html. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  17. "Countries with the Highest Biological Diversity" (en inglés). Mongabay.com. 2004. http://rainforests.mongabay.com/03highest_biodiversity.htm. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  18. IUCN (2012). "IUCN Initiatives – Mammals – Analysis of Data – Geographic Patterns 2012" (en inglés). IUCN Red List.com. http://www.iucnredlist.org/initiatives/mammals/analysis/geographic-patterns. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  19. "Countries with the most bird species" (en inglés). Mongabay.com. 2004. http://rainforests.mongabay.com/03birds.htm. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  20. "Countries with the most reptile species" (en inglés). Mongabay.com. 2004. http://rainforests.mongabay.com/03reptiles.htm. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  21. IUCN (2012). "IUCN Initiatives – Amphibians – Analysis of Data – Geographic Patterns 2012" (en inglés). IUCN Red List.com. http://www.iucnredlist.org/initiatives/amphibians/analysis/geographic-patterns#diversity. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  22. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome FF
  23. "Countries with the most vascular plant species" (en inglés). Mongabay.com. 2004. http://rainforests.mongabay.com/03plants.htm. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  24. 24,0 24,1 24,2 Leffman, Lewis e Atiyah, 2003, p. 1213
  25. Varas, Eugenio J. (14 de outubro de 2010). "El bambú: ¿un recurso sustentable?". Rebanadas de Realidad. http://www.rebanadasderealidad.com.ar/economia-10-01.htm. Consultado o 3 de maio de 2014.
  26. (en inglés) Conservation Biology: Voices from the Tropics. 2013. ISBN 9781118679814. http://books.google.com/books?id=OeqjKhDml6wC&pg=PA208#v=onepage&q&f=false.
  27. Liu, Ji-Kai (2007) (en inglés). Secondary metabolites from higher fungi in China and their biological activity. 1. p. 94. http://www.ddtjournal.com/action/downloaddoc.php?docid=57.
  28. Stein, Justin J (primavera de 2003). Taking the Deliberative in China. Consulta do 16-4-2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: República Popular da China